Corenta e seis comercios asociados participan no Black Friday de ACISA Ribadeo no que a clientela atopará grandes ofertas e descontos

71

Corenta e seis establecementos comerciais
asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o
Black Friday do 24 ao 26 de novembro.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza
de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes
descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda
muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés,
complementos, ópticas, parafarmacia, perruquería ou agasallos, entre outros. Como
facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en
Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e
tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que
poder acudir”.

Cruzado Iglesias dixo que “en Ribadeo seguimos a sacarlle proveito aos domingos, xa
que na maioría das cidades e das vilas esa xornada xa non se celebra o Black Friday por
que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza. Deste xeito o
cliente pode aproveitar tamén o domingo pola mañá para facer as súas compras e
beneficiarse das ofertas e descontos que atopará nos negocios asociados”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez engadiu: “toda a información detallada das ofertas do
Black Friday, pódese encontrar na nosa web www.acisaribadeo.es ou no noso facebook.
Hai grandes promocións, descontos do 10, 20 50 %, zonas outlet, 2×1 en produtos e
servizos, descontos directos de hasta 100 euros… e por iso animamos a todos os nosos
veciños e visitantes a consultalos. Seguro que encontran mais dunha opción moi
interesante”.

Os establecementos participantes no Black Friday de 2023 de Acisa Ribadeo son: La
Moda Mujer, La Moda Básico, Cuatro Vientos, La Moda Sport, Bis A Bis, Mika,
Pequerrechos, Glass, Opticalia, Merceria Torviso, Terra Branca, Fauna, Grisi, Beep
Ribadeo, Miss-Tic, R23, Siñeiro Hogar, Anais, La Coqueta, For Friends, Bora Bora,
Farmacia Montserrat, Agora, Sanjurjo, Esprit, Óptica Miró, Ginzo Hombre-Mujer,
Sendín, Bimba, Lydia´S Antiques Real Estate, Saia, Vitaldent, Nana, Óptica Carreira, Xardineo, Menfer, Adele, Casa Mandarina, Dándara, Pepa Peineta, ImagN 365,
Autoescuela Destavai, Boutique Pippol´S, Boutique Valentina, Boutique Del Rio e
Farfala.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “o noso Black Friday de tres días coincide
tamén coa campaña das Panchas, na que por cada 30 euros o Concello de Ribadeo
regala 10, é dicir recibimos 40 panchas. Entón consideramos que é un bo momento para
aproveitar os descontos do Black Friday empregando tamén a moeda local ribadense.
Un ano máis, esta é unha moi boa ocasión para vir mercar á nosa vila. A isto temos que
engadirlle que segue a campaña da tarxeta aforro de Acisa cun desconto de 0.09 euros
por litro de carburante na gasolineira Valcarce. E tamén coincide coa campaña O mellor
comercio da túa vila da Federación Galega de Comercio, coa que colabora Acisa, e na
que se sortean 12.000 euros en premios. E a todo isto hai que engadirlle as Xornadas
Gastronómicas de Exaltación da Merluza, esta fin de semana do 24 ao 26 de novembro,
en 17 locais asociados a Acisa. Hai que ir facendo oco para achegarse a Ribadeo estes
días porque sen dúbida é unha ocasión moi especial”.