
Cun obradoiro de coctelería arrincaron esta tarde as
actividades do Ribadeo Indiano 2023. Máis de 30 profesionais do sector hostaleiro
asisten no Parador de Turismo a esta sesión, que é impartida por Marcos Martínez
Iglesias, galardoado como mellor cocteleiro en 3 campionatos galegos, en 3
campionatos nacionais, nun campionato nacional de coctelería sen alcohol e nun
campionato nacional GinTonic.
O concelleiro de Turismo e a presidenta de Acisa, Pablo Vizoso e Carmen Cruzado,
déronlles a benvida aos asistentes, animáronos a gozar deste obradoiro no que os
cocteles cubanos están a ser os protagonistas, xunto a outros pensados para a ocasión,
“mantendo iso si, a esencia coa que naceu o Ribadeo Indiano, que non é outra que
render homenaxe a aquelas persoas que un día decidiron subir a un barco na procura
dun futuro mellor”.
E engadiron que “para seguir marcando a diferenza no Ribadeo Indiano é por iso que
desde a organización programamos este obradoiro de coctelería”.
Vizoso Galdo e Cruzado Iglesias tiveron palabras de agradecemento para o cocteleiro
Marcos Martínez e tamén para o Parador de Turismo de Ribadeo “por acollernos aquí e
por colaborar con Acisa e co Concello sempre que lles plantexa unha idea deste tipo”.
Concelleiro de Turismo e presidenta de Acisa amosáronse satisfeitos “da boa acollida
desta convocatoria á que se inscribiron 35 profesionais do sector hostaleiro de
Ribadeo”.