De Ribadeo a Cuba, do 23 de xuño ao 9 de xullo desenvolverase a nova campaña de ACISA na que se repartirán 150.000 rifas para participar no sorte dunha viaxe ao país caribeño para dúas persoas. As papeletas repartiranse por mercar e consumir nos locais asociados.

1929

Os establecementos asociados a Acisa repartirán 150.000
rifas que se porán en circulación dende o 23 de xuño ata o 9 de xullo, xornada na que
terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano 2023.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os
máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a
facer o mellor Ribadeo Indiano e deste xeito dinamizar a economía local e por iso neste
2023 repetimos o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do
éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar
este ano. Dende Acisa estamos a traballar para premiar e fidelizar as compras na nosa
vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística e sen
dubida este sorteo axuda”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a viaxe que se sortea é para dúas persoas
e será para desfrutar do 5 ao 12 de setembro de 2023. O premio cubre o vo Madrid-
Habana-Madrid, así como as estancias en hoteis de 5 estrelas (aloxamento e almorzo)
tanto en La Habana como en Varadero, visado a Cuba e seguro básico de viaxe, entre
outros complementos extra”.

Pérez Prada indicou que “participar no sorteo é moi sinxelo. As rifas estarán a
disposición dos clientes nos establecementos asociados a Acisa do 23 de xuño o 9 de
xullo. O único que teñen que facer é pedir as rifas tras o gasto realizado. As papeletas
deberán ir debidamente seladas polos establecementos. O sorteo será presencial o dia 9
de xullo tras a actuación de Eliades Ochoa, polo tanto é moi importante destacar que a
rifa debe conservarse ata o mesmo 9 de xullo e que ese dia de 12 da maña a nove da
noite, as persoas que teñan rifas, deberán introducilas na urna que estará instalada
fronte os Cocos. Na urna deberá quedar a parte pequena da rifa co selo do
establecemento e haberá que conservar a parte grande para o sorteo. Non serán validas
as papeletas sen o selo dos negocios. As bases do sorteo e o listado de establecementos
adheridos están dispoñibles na web e redes sociais do Ribadeo Indiano e de Acisa.
Tamén figurarán na rifa e no cartel identificativo dos establecementos asociados as
normas básicas”.

O xerente de Acisa engadiu: “queremos destacar que este ano editáronse 150.000 rifas,
50.000 mais que o ano pasado, debido ao éxito do sorteo. Sendo moi prudentes,
facendo unha media de 5 rifas por compra e unha media de 40 euros de valor de cada
compra estariamos a falar de que so co sorteo estariamos xerando 1.200.000 euros de
impacto na economía local de Ribadeo nas dúas semanas que dura campaña”.

Cruzado Iglesias, a presidenta do colectivo empresarial, tivo palabras de agradecemento
para as administracións e para os patrocinadores: “quero agradecer de forma especial,
en primeiro lugar ao Concello de Ribadeo, co que seguimos a coorganizar o Ribadeo
Indiano e que continúa confiando nesta actividade tan exitosa, tamén á Deputación de
Lugo, que cofinancia esta acción de dinamización comercial e á Xunta de Galicia pola
súa achega. E tamén quero dar as grazas aos nosos patrocinadores, de forma moi
especial, a Cervexas Alhambra, que colabora co Ribadeo Indiano na súa liña de
compromisos por apoiar todas aquelas experiencias únicas pensadas para desfrutar cos
cinco sentidos; ao Banco Sabadell e a Caixa Rural, que afianzan e aumentan a súa
colaboración con nos, e a Galipizza e A Cofradía de Rinlo, xa que sen a súa inestimable
axuda non poderiamos poñer en marcha este sorteo”.

A presidenta de Acisa subliñou: “dende Acisa Ribadeo queremos resaltar o noso
compromiso coa organización do Ribadeo Indiano e como consecuencia co traballo en
estreita colaboración co Concello de Ribadeo para levalo a cabo. Ambas entidades
aportamos o que somos capaces, cada un dende as súas posibilidades, para levar a cabo
un gran evento que dinamice a economía local e fomente o turismo”.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “o Concello e Acisa traballan estreitamente na
organización do Ribadeo Indiano, que será unha cita moi especial neste 2023.
Contaremos cun amplo programa de actividades, que presentaremos dentro duns días,
e que van culminar o 9 de xullo co concerto de Eliades Ochoa no barrio indiano de San
Roque e co sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas”.

O rexedor engadiu que “contaremos con alicientes dabondo na nosa vila do 7 ao 9 de
xullo para celebrar ao grande o VIII Ribadeo Indiano, que estará dedicado á arquitectura
daquela época. Estamos ultimando os detalles para recibir aos milleiros de persoas que
eses días se achegarán ata aquí para render homenaxe á nosa emigración”.

Na presentación do sorteo da viaxe a Cuba participaron o alcalde, Dani Vega, os
concelleiros e concelleiras Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Diego Dos Santos, así como a
presidenta, a tesoureira, o secretario e xerente de Acisa, Carmen Cruzado, Manoli
Torviso, Felipe Fernández e Jesús Pérez.

BASES SORTEO