DEFENDAMOS O NOSO COMERCIO

Dedica cinco minutos nun momento que teñas libre para ler esta publicación e reflexionar.

Dende A.C.I.S.A. Ribadeo, contemplamos dende fai tempo como o pequeno comercio sufre as consecuencias negativas do progreso, somos conscientes como multinacionais e grandes superficies teñen todas as condicións favorables para medrar mentres os pequenos comercios vense abocados o peche.

Cada dia demostrase mais que solo desde a unión e o asociacionismo pódese competir coas grandes superficies, e sobre todo co comercio on-line, como asociación temos a obriga de fidelizar aos nosos clientes para que merquen no comercio local antes de facelo nunha gran area comercial ou nunha plataforma dixital. Vivimos unha crise de consumo que temos a obriga de superar, debemos retornar o cliente as nosas tendas e facerlles ver o dano que ten para a o comercio local o feito de que se estea a mercar máis en grandes plataformas de internet que no comercio da súa vila.

Para mostra disto unhos poucos datos; unha coñecida plataforma de venta on-line, vendeu non fai moito o primeiro coche saído de fabrica, sen que o cliente fora por un concesionario ou falara con un vendedor, simplemente viuno e mercouno.

Segundo un estudo recente, o 61% dos españois afirma realizar compras polo menos unha vez o mes e un 26% o menos unha vez por semana.

Estudos realizados en varios países, demostran que a calidade do emprego e a xeración de emprego e moito maior no pequeno comercio, por cada posto xerado nunha gran superficie ou nunha plataforma de venta on-line destrúense entre 3 e 6 postos de traballo no pequeno comercio.

Mentres as grandes empresas peléxanse por conseguir o máximo benéfico posible, na era do venta on-line  o pequeno comercio faino para sobrevivir. O pequeno comercio, algún, tamén ten tendas on-lien, que abren co obxectivo de competir coa competencia das grandes plataformas de venta, pero moitas vense na obriga de pechalas devido a imposibilidade de loitar coas políticas que usas esas grandes plataformas, coma os envíos e devolucións gratuítas, que para o cliente é un beneficio pero para un comercio supón un altísimo coste.

A sociedade en xeral, tanto os consumidores, pequenos empresarios, asociacións de comerciantes…. cáemos nun erro do que xa é moi difícil saír; seguir as tendencias que marcan as grandes empresas, un claro exemplo o Black Friday, esta asociación celebralo, que remedio; ¿como compites se non, coas grandes marcas que levan un mes anunciando descontos para esta data? ¿Como fas que o veciño do quinto onde ti tes a tenda de roupa non a compre por internet, ou como fas para que os teus amigos, sabendo que ti tes unha tenda de electrónica non adianten a compra dos regalos de nadal porque “lles vai saír mais barato”?

Outro dato a ter en conta, as grandes marcas comercializadoras, de roupa, electrodomésticos, electrónica, de venta on-line…. previamente a este tipo de campañas aumentan o prezo dos seus produtos para cando chegue a data do Black Friday poidan facer un gran desconto, o cal e falso, porque se compraras o prezo que tiña ese produto fai un mes co que ten agora co desconto e practicamente igual en moitos casos, é dicir minten o consumidor.

Isto no pequeno comercio nunca sucede, por unha razón moi simple; o pequeno comerciante debese os seus clientes e non se pode permitir o luxo de enganalos e que ademais se dean conta, xa que corre o alto risco de perdelos.

Apoiar e defender as vantaxes do pequeno e mediano comercio local fronte as grandes superficies ou o comercio on-line e fácil facelo, a labor de facerllo ver os consumidores xa non  é tan doado aínda que son moitas as súas vantaxes e que o cliente tome conciencia disto aínda o mais.

O comercio é a un pobo coma a pel a o rostro: Imprime carácter. Ata o punto que pódese identificar o dinamismo ou a decadencia dun pobo por medio da vitalidade.  Os comercios dan vida as nosas rúas e prazas, basta con percorrer as rúas da nosa vila, para ver un paisaxe de comercios que pechan, que están abandonados e que contribúen así de unha forma penosa o deterioro da nosa Vila.

O comercio local leva décadas loitando por resistir ante a irrupción de novas formulas de venta, obrigándose así a coidar mais os establecementos, dotar de unha maior especialización e mellorar a identidade cos clientes o seu trato e os seus prezos e servizos de venta e post-venta.

Defendamos o noso comercio

Poñer en valor a súa función vertebradora do noso pobo, modernizalo co uso de novas tecnoloxías, son obxectivos que esta asociación temos por obxectivo.

Pero ademais de loitar e sobrevivir a estes tempos cambiantes, temos que ser conscientes de quen é a nosa competencia, de quenes son os nosos aliados e de que ferramentas temos para reivindicarnos, modernizar  e actualizar a nosa oferta comercial, co fin de facela mais atractiva, incorporando as novas tecnoloxías, mellorando e adecuando os seus establecementos, traballando por unha mellor especialización funcional e establecer relaciones de idealización.

O pequeno empresario que dirixe a súa tenda de roupa, o seu bar, o seu taller mecánico…. debe de ser consciente de cal é de verdade a competencia a que lle fai dano, as grandes plataformas de venta por internet, as grandes areas comercias, os vendedores ilegais, os vendedores de falsificacións, esa é a competencia coa que un debe loitar.

Cales son os seus aliados que o poden axudar a crecer, e algo que tamén debemos aprender a identificar,  o bar da esquina que durante o fin de semana fai unhas xornadas gastronómicas que atrairan xente, a tenda de enfrente que fai unha oferta especial, o taller do lado que sortea un premio; en definitiva os comerciantes e hostaleiros que están na mesma rúa, no mesmo pobo, que cando un cliente vai visitar pasar por enfrete de outro establecemento, e despois de outro, e verá o seu escaparate ou as tapas que dan no Bar seguinte;  en definitiva, canto mellor lle valla o do lado mellor che vai ir a ti, esta idea debemos tomala como base para que o pequeno comercio non desaparezaca.

O terceiro pilar para sobrevivir é coñecer as ferramentas para re dirixir ou reeducar o consumidor, a primeira o asociacionismo, a idea de xuntos somos mais fortes, é algo que debemos facer ver a tódolos comerciantes e hostaleiros, estar baixo o respaldo e o amparo de unha asociación que te asesora, crea unión, dinamiza o comercio mediante campañas e eventos, e algo que o comerciante debe valorar como unha ferramenta moi beneficiosa para el. Por suposto, as redes sociais, a túa propia tenda on-line, un sistema de fidelizacion de clientes e calquera ferramenta que te modernice e te diferencie será beneficiosa.

Defender e apostar polo comercio local e algo que dende os clientes, as asociacións de comerciantes e as entidades publicas aínda temos moito traballo por realizar evitar a desaparición do pequeno comercio,  e por tanto o sufrimento de moitas familias e algo que temos todos nas nosas mans.

Queres ver as rúas de Ribadeo así