Do 19 ao 21 de xuño terá lugar o XVII Torneo Infantil de fútbol base, que organiza a SD Ribadeo

18

Do 19 ao 21 de xuño terá lugar o XVII Torneo Infantil de Fútbol Base, que organiza a SD Ribadeo.

No evento participarán 48 equipos procedentes na súa maioría de Asturias e de Galicia e tamén de Cantabria e Castela e León. Arredor de 1.200 xogadores e adestradores se darán cita no torneo, que encherá de novo a vila de deporte e de familiares, que arrouparán aos seus rapaces e gozarán de Ribadeo, da súa paisaxe, do seu comercio e da súa gastronomía. O torneo desenvolveranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo de Outeiro da Devesa, no Campo El Soutón de Vegadeo e no Campo Trenor en Barres.

Na presentación do XXI Torneo de Fútbol Base Alevín da SD Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega, o técnico municipal de Deportes, Iván López, a secretaria da SD Ribadeo, Mª José Tella, o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García, o deputado provincial Dani García, o concelleiro Marcos Villamil, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

Este evento deportivo está organizado pola SD Ribadeo, coorganizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e colaboran o Concello de Ribadeo, Acisa, a Deputación de Lugo, o Vegadeo CF, o Barres CF, Ayuntamiento de Castropol, Eroski e Gadis.
Así rematarán catro fins de semana de torneos de fútbol base en Ribadeo.