Emerxe integrouse en ACISA Ribadeo e ofrece aos asociados do colectivo empresarial condicións vantaxosas para aforrar no recibo da luz e do gas.

54

A firma Emerxe, que abriu recentemente na rúa Virxe do Camiño da vila ribadense, acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) Ribadeo e ofrece condicións vantaxosas para socios e socias do colectivo empresarial que lles permitirán aforrar no recibo da luz e do gas.

A empresa Emerxe pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan abaratar o recibo de luz e gas. Para iso ofrece un estudo da tarifa da enerxía con atención  personalizada, permanente e directa, sempre co mesmo xestor autorizado, ademais dun estudo da factura para facer unha oferta personalizada co mellor prezo, buscando a tarifa máis axeitada e optimizando a potencia demandada para pagar o xusto.

O xerente de Emerxe Ribadeo, Beni Martínez, explica: “cremos que é un servizo moi bo e necesario nos tempos que corren. O que facemos é estudar a factura actual do cliente, ver cales son as súas necesidades e comparar as mellores ofertas de case todas as comercializadoras do mercado, co fin de ofrecer ao cliente a que máis se axuste ás súas necesidades. Ademais en Emerxe facemos estudos sobre instalación de placas como mellor alternativa para aforrar”.

Os interesados en contactar con Emerxe en Ribadeo poden facelo na rúa Virxe do Camiño, 20 Baixo B; no mail bmartinez@emerxe.es ou no móbil 607.72.43.61. 

Acisa conta na actualidade con 144 establecementos asociados e un dos obxectivos da nova directiva “é incrementar pouco a pouco esa cifra, porque cantos máis sexamos mais actividades poderemos organizar e mais servizos poderemos prestar”.