
En Acisa foron sorteados esta tarde e entregados os premios da campaña de San Valentín.
Roberto Rivas, de Ribadeo, é o gañador da estancia dunha noite no Hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, e visita a Bodegas Docampo. A súa papeleta foille entregada en Ribamueble.
E Marisa Leirado, de Foz, é gañadora da experiencia romántica a elixir entre 750 posibles destinos. A papeleta afortunada recibiuna por unha compra realizada en Dándara.
O sorteo, non presencial, tivo lugar esta tarde nas instalacións de Acisa Ribadeo, onde xa foron entregados os premios aos gañadores. No acto participaron a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que agradecen “a fidelidade no comercio local ribadense unha vez máis”. A campaña de San Valentín, na que se repartiron 10.000 papeletas, tivo lugar entre o 5 e o 15 de febreiro nos comercios asociados a Acisa.
Xornadas Gastronómicas do Antroido
Ata o 22 de febreiro seguen as Xornadas Gastronómicas do Antroido, que un ano máis organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa). Na cita están a participar 11 establecementos hostaleiros: La Solana, Barallocas, Ramonita, Aware Café, O Furancho no Camiño, Los Dulces de Delphine, El Huerto, A Mirandilla, Bar La Estación, Mar de Rinlo e Marinero, que ofrecen tapas, racións e preparacións típicas da gastronomía do Antroido. Todas as elaboracións poden consultarse nas redes sociais de Acisa.
















