Deron comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial
Aberto coas mellores vistas e coa mirada posta na viaxe a Cuba para dúas persoas que
se sorteará o vindeiro 14 de xullo no marco do Ribadeo Indiano.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús
Pérez, manifestou que “aínda que ata o dia 1 de xullo non se dan por inauguradas
oficialmente as rebaixas, visto que moitas marcas nacionais adiantaron unha semana
esta cita, dende Acisa quixemos dar comezo un pouco antes a este período de
descontos comerciais. Por iso dende hai uns días demos por inauguradas oficialmente as
rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron, e outros estano a facer nesta
fin de semana. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e
múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que animamos á
veciñanza e aos visitantes a aproveitar esta gran cita”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “nesta campaña de rebaixas coma
noutras, desde Acisa apoiamos aos nosos negocios con materiais gratuítos, que xa foron
repartidos, como cartelería anunciadora das rebaixas, tarxetas co antes e o despois da
aplicación dos descontos correspondentes, así coma con publicidade en redes sociais”.
Cruzado Iglesias subliñou: “animamos a mercar no centro comercial aberto coas
mellores vistas e lembrámoslle á clientela do comercio, da hostalería e dos servizos
asociados a Acisa a que pidan as súas papeletas para ter a posibilidade de participar no
sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas, que realizaremos o vindeiro 14 de xullo
no marco do Ribadeo Indiano 2024. Será a cuarta vez que enviemos a unha parella ao
Caribe. Que ninguén esqueza solicitar as súas rifas. Hai repartidas 160.000”.
Pérez Prada engadiu: “como sempre dicimos Ribadeo é o mellor centro comercial
aberto, xa que aquí se pode disfrutar dunha experiencia integral de ocio e de compras e
queremos demostralo dando os mesmos servizos que as grandes áreas comerciais das
cidades, por iso queremos recordar tamén aos nosos asociados e asociadas que para
esta temporada de verán que xa comezou, dispoñen de múltiples materiais gratuítos
que poden solicitarnos como bolsas para o comercio, envases de comida para levar para
hostalaría ou mapas turísticos e pases para visitar as Catedrais destinados aos hoteis.
Así como os propios materias de rebaixas para comercio”.