EN SETE DÍAS XA SE VENDERON 850 PACKS DE PANCHAS, O 85 POR CENTO DAS QUE SE PUXERON EN CIRCULACIÓN.

NA RÚA XA ESTÁN ARREDOR DE 34.000 EUROS PARA GASTAR NO COMERCIO DE PROXIMIDADE RIBADENSE.

O impacto da moeda local Pancha está chegando ao pequeno comercio de Ribadeo pois xa van vendidos 850 packs de moeda local no transcurso da primeira semana desde o inicio desta campaña, sendo un 85% do total. Na rúa xa están arredor de 34.000 euros para gastar no comercio de proximidade ribadense.

Segundo expresa o presidente de A.C.I.S.A. Ribadeo, Francisco Iriarte; “estamos moi satisfeitos de que esta campaña estea indo tan ven, estamos a falar demais a 850 packs vendidos o que representa o 85% do total da moeda local que se pon en circulación, o que significan mais de 34.000 euros en movemento nestes momentos para gastar no comercio local, so na primeira semana da campaña“ E engade; “dende a asociación estamos a consultar tódolos dias cos asociados participantes nesta importante campaña para o comercio local; e a valoración por parte do comerciante tamén e voa”.

Jesús Pérez, xerente de ACISA indica que; “Case todos os comercios xa fixeron algunha venda en panchas. É unha gran oportunidade moi boa para facer as túas compras se tes un evento, un regalo de comuñón ou do dia da nai… a oferta e moi extensa, dende calquera prenda de vestir ou complementos para home ou muller, xoven ou adulto, regalo, electrónica, deporte, decoración, etc…” e anima; “A veciños coma visitantes, agora que ven a Semana Santa, a darse presa en mercar as súas panchas, so quedan 150 packs a venta” e conclúe; “A partir do luns 15, e todos os luns ata o luns 20 de maio, os comercios que xa recibiran panchas poderán proceder a súa validación nas oficinas de ADL onde tanto o persoal de A.C.I.S.A. e desta area do Concello validáresmos as moedas para que xa as poidan cobrar os comerciantes”.

Francisco Iriarte remata; “A venta de panchas esta indo moi ven, e parece que a compra con elas tamén, temos exemplos de xente de Asturias que adiantan a súa viaxe o venres para mercalas ou de Coruña e Lugo que lle encargan algún coñecido que as merque; agora so queda que todas esas panchas cheguen o comercio local antes do dia 5 de maio cando remata a campaña, esta campaña tratase de un esforzo moi grande por parte do Concello e de ACISA Ribadeo para revitalizar o pequeno comercio, pero tamén a economía local, porque, se o pequeno comercio lle vai ben, a hostalaría e os servicios tamén”.

Iriarte insistiu en que “durante un mes estarán na rúa 40.000 euros para gastar no comercio local, que é unha cantidade importante de cartos”.

A concelleira de Comercio, Ana Martínez, valora moi positivamente este dato e quere “animar ás persoas que non teñan mercado Panchas a que non esperen moito máis xa que se agarda que se esgoten a vindeira semana. Tamén quere salientar o impacto da campaña na valorización da importancia do comercio local nas vilas”. E engade que “desde o Concello queríamos comezar a pór na rúa esta cuestión e creo que con esta campaña témolo acadado. Esta campaña tamén é unha oportunidade para descubrir aos establecementos comerciais, a importancia da xente que está detrás do mostrador e outros valores que nos aporta o comercio local á vida da cidadanía”.

A campaña das Panchas ten como obxectivo a dinamización do comercio local, a concienciación da importancia do consumo en clave local, a visibilización do pequeno comercio como axente dinamizador das vilas e todo ese papel tan importante para o futuro de localidades como Ribadeo.