Entregados os premios ás gañadoras da campaña do Día da Nai de ACISA Ribadeo.

51

Nas instalacións de Acisa Ribadeo foron entregados os premios ás gañadoras da campaña
do día da nai.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “xa se coñecen os gañadores da
campaña do día da nai. O sorteo tivo lugar este pasado mércores nas nosas instalacións.
A gañadora da experiencia de desconexión para dúas persoas doada por Viaxes Eroski é
Alicia Álvarez Fernandez, por unha compra na Farmacia Álvarez Lebredo. A gañadora
dun bono de 6 meses para BeOne é María Teresa Acevedo Pérez, por unha compra en
Optica Carreira. E a gañadora dos 100 euros en vales de compra doados por Acisa
Ribadeo é Ana Vijande Iglesias, por unha compra feita en Bis a Bis. Dende Acisa estamos
moi satisfeitos co resultado desta campaña na que se repartiron 10.000 rifas, e na que
nos comercios e a hostalaría nos indican que houbo bos datos de vendas”.
E engade: “queremos agradecer especialmente aos ribadenses e á veciñanza da
comarca a confianza no comercio local para celebrar esta data e tamén aos nosos
colaboradores, nesta ocasión BeOne e Viaxes Eroski”.

No acto de entrega dos premios participaron o director do centro deportivo BeOne en
Ribadeo, Javier Canel, a presidenta e o xerente de Acisa, Jesús Pérez e Carmen Cruzado.
O premio de María Teresa Acevedo foi recollido por unha amiga súa e Ana Vijande
Iglesias acudiu noutro momento a recoller o seu agasallo.

Rasca e gaña
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “hoxe comeza unha gran campaña en
Ribadeo na que animamos a todos e todas a participar. Comeza o Rasca e Gaña de
Acisa, no que se poñen en circulación 100.000 rascas, dos que máis de 15.000 teñen
premio. Cando presentamos esta campaña dixemos que se trata probablemente da
campaña con maior valor nos seus premios, e non esaxeramos xa que estamos a falar
de que o valor dos premios pódese estimar en alo menos 180.000 euros, sen dúbida
algunha a de maior valor que tivo calquera campaña de Acisa”.

Pérez Prada subliñou: “temos moi boas expectativas postas nesta campaña, son 100.000
rascas os que se poñen en circulación, a campaña dura aproximadamente mes e medio.
Coa prudencia que sempre requiren as cifras, facendo unha media de gasto de 30 euros
por rasca entregado estaríamos a falar dun movemento económico de 2 millóns de
euros, sen contar o posterior que xerarían os propios premios ao ser utilizados para
novas compras ou consumicións. É dicir a repercusión económica será dobre, a da venta
pola que che dan o rasca e a da venda para desfrutar o premio. Isto sen dubida algunha
fai que esta poida ser a campaña con maior repercusión realizada por Acisa Ribadeo e
con maior impacto económico. Con esta filosofía e coa que naceu o Rasca e Gaña de
Acisa Ribadeo”.