Entregados os premios do día da nai

81

SORTEADOS E ENTREGADOS OS PREMIOS DA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI DE ACISA, QUE SE DESENVOLVEU ENTRE O 28 DE ABRIL E O 7 DE MAIO.

EN TOTAL REPARTÍRONSE MÁIS DE 4.000 PAPELETAS PARA PARTICIPAR NO SORTEO DE TRES XOIAS VALORADAS EN 100 EUROS CADA UNHA.

Nas instalacións de Acisa tivo lugar o sorteo da campaña do día nai, presidido polo vicepresidente do colectivo, Juan Fernández Andina. E acto seguido as afortunadas foron pasando a recoller os seus agasallos.

Juan Fernández Andina sorteo premios

Goretti Fernández foi unha das afortunadas. Grazas a unha compra realizada en Saia resultou agraciada coa xoia valorada en 100 euros, que mercará ela mesma en Modesto G.

Goretti Fernández premio Modesto G

Mª del Rosario Delgado, fixo unha compra en Irmandiños e obtivo a xoia valorada en 100 euros, que adquirirá en Azabache.

Mª del Rosario Delgado premio Azabache

E Teresa Rodríguez mercará a súa xoia por importe de 100 euros en Gutié, despois de participar no sorteo cunha papeleta que recibiu na farmacia Pedro Díaz.

Teresa Rodríguez premio Gutié

Goretti, Mª del Rosario e Teresa xa teñen os seus premios, porque xa pasaron a recollelos polas instalacións de Acisa Ribadeo. No caso de Teresa fíxoo a súa irmá. Agora dispoñen do que resta do mes de maio para elixir as súas xoias.

Desde Acisa valoran de xeito moi positivo esta campaña Túa nai é unha xoia, “xa que se repartiron máis de 4.000 rifas. Iso danos unha idea de que as vendas para esta data foron importantes e estamos moi satisfeitos polos nosos asociados e asociadas”.

acisaribadeo-noticias-tuanaieunhaxoia-diadanai