Esta mañá tivo lugar unha recepción no Concello de Ribadeo a ACISA tras o recoñecemento obtido nos premios nacionais de comercio interior 2021, cun Accesit na categoria de CCA

46

O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, recibiron no Concello a Francisco Iriarte e Jesús Pérez, presidente e xerente de Acisa.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de
Ribadeo dixo: “quero agradecer ao Concello esta recepción e o recoñecemento que
supón para nos. Dende Acisa. queremos compartir co Concello este galardón, xa que
unha parte foi conseguido grazas ás súas axudas e as actividades que nestes anos
coorganizamos. Actividades ou servizos coma App de Acisa, o proceso de dixitalización
da información turística e comercial, as anteriores campañas das Panchas, o Ribadeo
Indiano, as campañas de Nadal, feitas en coordinación e colaboración entre ambas
entidades, as axudas para materiais e para as diversas actividades de dinamización
comercial puideron realizarse mediante convenios e as axudas extraordinarias que nos
concederon”.
Pola súa banda o xerente indicou que “na entrega de premios puiden escoitar o
importante que é traballar cóbado con cóbado coa administración local, a mais próxima
a nos. Ás veces discrepamos, pero sempre dende o respecto e na búsquela dende
diferentes puntos de vista do mellor para o tecido económico. É importante destacar
que nestes dous anos de pandemia conseguimos axudas extraordinarias que duplicaban
e incluso superaban as ordinarias para Acisa por parte do Concello, tamén os avances
conseguidos en materia de exección de taxas nas terrazas, así como a posta en marcha
de actividades coma as Panchas. Isto é o que de verdade se chama xestionar”.
Iriarte sinalou: “é de agradecer o bo ton, a dispoñibilidade e a cooperación que
mantemos entre ambas entidades, sendo conscientes de que somos entes diferentes,
pero compartimos un interese común, sacar a diante a economía local”.
O concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, manifestou: “dende o Concello de
Ribadeo é un pracer recibir aos representantes de Acisa e trasladarlles o noso

recoñecemento por este premio que acaban de conseguir, este accésit outorgado polo
Ministerio de Comercio, que se suma tamén a unha recente adhesión á promoción do
comercio dos cascos históricos, co que nos equiparamos ás principais cidades e capitais
de provincia do Estado español”.
Vizoso Galdo engadiu: “pola nosa parte é unha enorme satisfacción poder seguir
colaborando cunha asociación do nivel de Acisa co que aporta para o comercio de
Ribadeo. Esperamos seguir celebrando estes éxitos e colaborando estreitamente no
futuro”.
Reciclaxe de cartón
A patronal ribadense e o Concello de Ribadeo poñen en marcha unha campaña de
concienciación especial para estas datas. Está destinada a comercios, hostaleiros e
particulares, baixo o slogan no Nadal enche as rúas de ilusión non de cartón solicitan a
empresas e particulares dedicarlle un minuto a pregar os cartóns dos paquetes destas
datas e depositalos no interior dos contedores correspondentes, para que os días 25 de
decembro e 6 de xaneiro especialmente, Ribadeo luza como debe. “Entre todos seguro
que podemos conseguilo”, apuntan.