Este domingo, 5 de setembro, celebrase no estadio municipal Pepe Barrera o Trofeo ACISA Festas Patronais entre o Ribadeo FC e o Viveivo CF, que servirá para conmemorar por parte da asociación empresacial estas datas tan especiais para a veciñanza.

36

Este domingo, 5 de setembro, celébrase no estadio municipal Pepe Barrera o Trofeo Acisa Festas Patronais entre o Ribadeo FC e o Viveiro CF, que servirá para conmemorar estas datas tan especiais. O evento esta organizado polo Ribadeo FC xunto con Acisa. O derbi mariñá terá lugar as 18:00 horas.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este domingo, 5 de setembro, temos todos unha cita co fútbol as 18:00 horas para ver o derbi mariñá que disputarán o Ribadeo FC. e o Viveiro CF no estadio municipal Pepe Barrera. A apertura de billeteiras será as 16:30 horas e a entrada terá un custe de 8 euros”.

Pérez Prada dixo: “queremos dende Acisa agradecer ao Ribadeo FC que pensara en nos para poder levar acabo este trofeo especial, conmemorativo das festas patronais da vila, que como é sabido non se van poder celebrar como de costume por mor da pandemia. Dende Acisa  pareceunos unha boa iniciativa, non so como recordo das festas, se non como un evento que pode xerar ese dia un interesante movemento económico, xa que un Ribadeo-Viveiro, sempre foi un partido que mobiliza ambas afeccións. Tamén  agradecer ao Concello de Ribadeo como patrocinador polos seus traballos de mantemento do campo. Os trofeos a entregar serán da colección da nosa asociación deseñados por Sargadelos ”.

Pola súa banda o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, indicou que “a dito evento están invitados a asistir as principais autoridades locais. Esperamos poder encher o estadio de afeccionados de ambos equipos, dentro do aforo permitido. Trátase dun domingo as seis da tarde polo que para os nosos veciños e veciñas de Viveiro é unha oportunidade de vir pola maña, desfrutar dos nosos comercios abertos, saborear a nosa gastronomía comendo nalgún dos nosos restaurantes, dar un paseo vendo Ribadeo ou incluso poden realizar algunha das actividades enmarcadas no Ribadeo4x4, coorganizado co Concello no marco do SetembroXNatural, e as 18:00 horas achegarse e vibrar co mellor fútbol. E se aínda teñen tempo desfrutar da nosa hostaleira tomando algo para celebrar o resultado e quizais quedarse a cenar”.

O xerente de Acisa agradece “ao CCH de Viveiro a súa colaboración na visibilización deste evento, xa que tanto Acisa como a asociación viveirense imos sortear tres entradas a través das nosas redes, así que moi atentos todos e todas a elas”.

I TRIANGULAR ACISA RIBADEO

Francisco Iriarte engadiu que “a pasada fin de semana Acisa colaborou noutro evento deportivo, o I Triangular Acisa, que foi organizado pola SD Ribadeo, á que lles queremos dar as grazas por pensar en nos para este evento, especialmente á súa presidenta. Pouco a pouco recuperamos a normalidade e pouco a pouco pódense celebrar diferentes eventos, que son sen dúbida motor xerador de actividade económica para a nosa vila”. Jesús Pérez foi o encargado de entregar os premios xunto á presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide.