Este mediodía rematou o prazo de presentación de candidaturas para renovar a Xunta Directiva de Acisa Ribadeo

39

Ás 13:00 horas deste venres, 7 de agosto, rematou o prazo de presentación de candidaturas para proceder á renovación da xunta directiva de Acisa Ribadeo. A este proceso so se presentou unha, a encabezada por Carmen Cruzado.

Segundo anunciou o xerente e secretario electoral de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, “á unha do mediodía deste venres, 7 de agosto, remataba o prazo de inscrición de candidaturas para renovar a xunta directiva de Acisa Ribadeo. Rematado este período, so se presentou unha candidatura, que foi rexistrada o pasado xoves 6 de agosto, cumprindo cos requisitos esixidos polos noso estatutos. Os seus integrantes son: Carmen Cruzado Iglesias, de Faro Norte Comunicación, como presidenta; Virginia Eceiza Baltar, do Gastrobar Mareta, como vicepresidenta; Manuela Torviso Pérez, de Lencería Torviso, como tesoureira; Felipe Fernández Barcia, do restaurante A Horta de San Roque, como secretario; José Ramón Leal Segura, de Galería Terra Branca, como vocal; María Teresa Iglesias Basanta, de Hotel Restaurante Javier Montero como vocal; Trinidad Otero Blanco, de Siñeiro Hogar, como vocal e Manuel González Rodríguez, de Manuel González Carniceros”.

Pérez Prada indicou que “a candidatura compre cos requisitos estatutarios precisos, nela represéntanse os catro principais sectores da asociación e supera o mínimo de membros sendo unha candidatura paritaria, conformada por 5 mulleres e 3 homes, aos que se suma este xerente”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo engadiu que “ao terse presentado unha única candidatura ésta queda automaticamente proclamada no día de hoxe e toma posesión dos seus cargos, non sendo necesaria a celebración da asemblea de votación, xa que non é pertinente escoller so entre unha única candidatura, e desde este mesmo momento terá a plena capacidade de obrar como tal. Así se lles ven de trasladas ás asociadas e asociados no día de hoxe”.