ÉXITO DA VII FESTA DO COMERCIO, ORGANIZADA POR ACISA, QUE REPARTIU DOUS MIL EUROS EN VALES DE COMPRA
O SORTEO CELEBROUSE HOXE NO CINE TEATRO
Centos de persoas asistiron esta tarde á VII Festa do Comercio de Acisa. Uns viron o sorteo desde o interior do Cine Teatro e outros desde a rúa, onde se instalou son e imaxe para que puidesen seguilo con toda a intensidade do momento.
Os gañadores foron:
- Con 1000 euros: Emérita María Muíña Veiga, de A Devesa (Ribadeo). A papeleta número 4.637 foille entregada no Bar Galicia.
- Con 500 euros: Antonio Pérez Rosa, de Ribadeo. O boleto co número 17.425 foille entregado en Farfala.
- Con 250 euros: Pilar Bouso Castelao, de Ribadeo. A papeleta número 48.873 foilles entregada por unha compra realizada en La Moda.
Os afortunados e afortunadas terán dous meses para consumir os seus premios nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, no comercio, na hostalería, etc.
Na VII Festa do Comercio houbo tamén un premio non presencial dotado con 250 euros. Será para a persoa que posúa a papeleta 45.454. Ese foi o cupón da Once de onte, 19 de xaneiro. O propietario do boleto dispón ata o 31 de xaneiro para reclamar o seu premio, achegándose ata as oficinas de Acisa, sitas na segunda planta do nº 20 da Avenida de Galicia.
No acto desta noite, que foi conducido por Juana Carrera da emisora Cope de la Costa, interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, e o vicepresidente de Acisa, Juan Andina. Os asistentes á VII Festa do Comercio puideron asistir á estrea do vídeo promocional da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que moi pronto poderá verse nas redes sociais e na campaña de promoción audiovisual que realizará o colectivo empresarial ribadense.