Fin de semana de intensa actividade de ACISA coas xornadas gastronómicas de Asturias en Ribadeo e co truco ou trato polos comercios asociados.

8

Fin de semana de intensa actividade de Acisa coas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que chegaron á oitava edición, e co Truco ou Trato polos comercios asociados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, fixo un balance positivo das xornadas Asturias en Ribadeo que se desenvolveron do 24 ao 26 de outubro: “é unha cita clásica na nosa axenda anual de actividades, que nunca falla. Fabadas, potes, cachopos, pixín, pescada ou chouriciños á sidra foron algunhas das elaboracións que se puideron degustar nos 13 locais hostaleiros participantes, que se amosan satisfeitos coa acollida que tiveron un ano máis as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo”.
Tamén o sábado tivo lugar unha novoa edición do Trick of Treat (Truco ou Trato), organizado por Acisa e por Kids & Us. Un grupo de rapazas e rapaces visitaron durante a mañá do sábado varios locais asociados. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, contou que “un grande número de nenas e nenas achegáronse a diferentes tendas para poder ver de primeira man a calidade e a variedade do comercio local. Entre todos temos que concienciar aos máis pequenos da casa da importancia que ten mercar nos negocios da nosa vila”.
28 de outubro de 2025. Fin de semana de intensa actividade de Acisa coas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que chegaron á oitava edición, e co Truco ou Trato polos comercios asociados.