Gañadores das dez ceas para dúas persoas da campaña de San Valentín 2018

153

DEZ PARELLAS GOZARÁN O 24 DE FEBREIRO DOUTRAS TANTAS CEAS NA HOSTALERÍA LOCAL, GRAZAS Á CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN DE ACISA RIBADEO

Acisa Ribadeo celebrou hoxe, venres, nas súas instalacións o sorteo da campaña de San Valentín que se desenvolveu do 2 ao 14 de febreiro

Segundo explican desde a directiva “repartíronse 5.000 rifas das que se recolleron cubertas arredor dun 70% para entrar no sorteo de hoxe”. Os gañadores das dez ceas para dúas persoas, que as gozarán vindeiro sábado, 24 de febreiro, nos 10 establecementos asociados doadores.

Os gañadores foron:

Os gañadores teñen ata o xoves para recoller o documento que os acredita como tal, ser fotografados para publicalo nas redes sociais de Acisa e poder gozar da cea

Desde Acisa valoran con moderación esta campaña de San Valentín, “dado que, aínda que é certo que puntuais comercios tiveron un volume considerable de vendas e pedíronnos mais rifas das que se lles deron inicialmente, moitos outros, a gran maioría non acabaron as que lles entregamos ao comezo da campaña, iso fainos ver como a campaña a nivel de vendas non foi todo o boa que se esperaba. Quizais o feito de que San Valentín coincidise con Entroido non axudou, ademais de que o Entroido foi moi preto do Nadal, algo que tanto o comercio como a hostalería notaron e do que se resentiron”.

Gañadores das dez ceas para dúas persoas da campaña de San Valentín

E engaden “non podemos dicir que fose unha campaña pésima, pero non foi a mellor campaña de San Valentín en vendas, nin o mellor Entroido en vendas e en gasto en hostalería. En definitiva o calendario, o tempo e a situación económica non axudan. Algúns hostaleiros esta semana mostráronnos a súa preocupación pola situación económica, vindo dun Nadal non excesivamente bo, un mes de xaneiro de pouco gasto e un Entroido do que nos din foi bo para a hostalería só o sábado, día 10, e con certa moderación. Como en todo non se pode xeneralizar, sempre hai algún comercio ao que lle foi ben ou algún hostaleiro ao que lle foi ben desde que acabaron o Nadal ata agora, pero a tónica xeral non é boa”.

Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo “debemos seguir traballando en axudar ao comercio e á hostalería a fidelizar clientela e a buscala nova e tamén a seguir concienciando do dano que produce a venda por internet en grandes plataformas, debemos lembrar que por internet tamén se pode comprar no pequeno comercio con mellor calidade e servizo que o fan nas grandes plataformas de venda online. Se deixamos de consumir na hostalería local e de comprar no pequeno comercio non só estaremos a prexudicar aos empresarios que viven diso e aos seus empregados, senón que acabaremos conseguindo que desaparezan as festas de todo o ano, os eventos deportivos… porque non haberá quen poida colaborar con eles”.