Última xornada de traballo da delegación, conformada por Concello de Ribadeo e Acisa, que estes días fai promoción dos potenciais turísticos ribadenses en Fitur. A Madrid viaxaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, a técnica de Turismo, Begoña García, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Dende o pasado mércores os representantes municipais e do empresariado
ribadense están a mantear diferentes encontros de traballo con fin de potenciar
a imaxe turística de Ribadeo. Estes días manteñen reunións de traballo con
empresas turísticas, turoperadores e con diversas axencias de viaxes.
“Nesas reunións estamos a expoñer as liñas nas que levamos anos traballando
co obxectivo de fidelizar visitantes, atraer novos segmentos de poboación e
favorecer a desestacionalización do destino”, apuntan desde o Concello e Acisa.
E subliñan que “a labor está centrada na promoción dos diferentes produtos
turísticos cos que contamos como as xeorutas, o Ribadeo Indiano, o Ribadeo
Ilustrado,… entre outros, demostrando que somos un destino turístico 365 días
ao ano con diversas experiencias de turismo vivencial. Tamén tentamos dar
unha visión moito máis ampla da praia das Catedrais para expoñer todo o seu
potencial e que este reverta na economía local”.
Desde a delegación ribadense desprazada a Fitur engaden que “a promoción de
Ribadeo como paso do Camiño de Santiago está a ser unha liña de especial
traballo de cara a este año santo 2022 por todo o que pode supor para o noso
concello”.
Concello e Acisa mantiveron estes días xuntanzas co Clúster de Turismo de
Galicia e tamén coa Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia. Despois de 2
xornadas moi intensas de traballo, hoxe remata axenda coas últimas reunións e
presentacións das que din “están a ser moi produtivas, de aí que esteamos moi
satisfeitos co noso paso por Fitur 2022”.