Jesús Pérez Prada, de ACISA Ribadeo, participou no II Congreso de Xerentes de Centros Comerciais Abertos de Galicia organizado por AGAXECCA

166

O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada,
participou no II Congreso de Xerentes de Centros Comercias Abertos de Galicia
organizado por AGAXECCA.

Pérez Prada contou que “tivo lugar en Santiago de Compostela o II Congreso de
Xerentes de Centros Comerciais Abertos de Galicia, no que quixeron contar co xerente
de Acisa Ribadeo para que, no marco dunha mesa de traballo denominada Exemplos de
dinamización de un CCA, campañas de éxito e novos formatos, falásemos das Panchas.
Neste contexto de congreso de xerentes de CCA y CCU puidemos explicar como naceu
esta iniciativa do Concello de Ribadeo, que contou dende o primeiro dia coa estreita
colaboración de Acisa, moi especialmente nos primeiros anos, como foi variando o
formato, cal foi po papel de cada entidade dende o inicio ata o de agora, así como o
mais importante, a súa repercusión no comercio e hostalaría da vila. É bonito ver como
compañeiros doutros lugares de Galicia amosan interese por saber cómo funcionan
campañas da túa vila, fan preguntas e veno como iniciativas de interese para as súas
poboacións”.

O xerente de Acisa engadiu que “neste congreso puidemos escoitar casos de éxito de
Apps de xestión, dinamización e fidelización para o comercio ou sobre a relevancia de
campañas temáticas, aspectos nos que Ribadeo tamén conta cunha importante
presenza coa App Ribadeo Preto de Ti ou a do Ribadeo Indiano. Tamén tivemos a
oportunidade de falar e debater sobre o traballo dos xerentes dos centros comerciais
abertos e da profesión de xerente, o noso papel nas asociacións, as nosas funcións, as
problemáticas ás que nos enfrontamos, a relación coas administracións e outros
asuntos de interese profesional”.

Para Jesús Pérez “foi un congreso moi interesante, por expoñer o que Ribadeo fai para
dinamizar o comercio, tanto dende Acisa como colaborando co Concello de Ribadeo,
para seguir destacando como referente comercial, así como para aprender doutros
compañeiros compañeiras e poñer en valor a nosa profesión, cunha alta carga de
responsabilidade e de traballo, que moitas veces pasa desapercibida”.