José Benito Iglesias López foi o gañador dos 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA

108
José Benito Iglesias López foi o gañador dos 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA

JOSÉ BENITO IGLESIAS LÓPEZ FOI O GAÑADOR DOS 500 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS A ACISA

O CINE TEATRO ACOLLEU ESTA NOITE O CUARTO SORTEO DESTA IMPORTANTE CAMPAÑA DA FCAM

O Cine Teatro, en Ribadeo, acolleu esta noite o cuarto dos oito sorteos que a FCAM realiza ata o 10 de novembro e nos que está a repartir más de 10.000 euros en premios. Cada fin de semana póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra.

Os gañadores dos premios de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo foron: Hugo Gallo, da localidade asturiana de Tapia (que obtivo dous premios de cen euros cada un); Fianma Prada, de Ribadeo; María Asunción Fernández, de Rinlo; e Emérita Fariñas, de Ribadeo.

Con 200 euros foi premiada Laura Sixto, de Ribadeo; e os 300 euros foron para María Asunción Fernández, de Rinlo. O premio de 500 euros en vales de compra levouno José Benito Iglesias, de Barres (Asturias).

Os premios foron entregados polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo xerente, Jesús Pérez. O acto foi presentado pola xornalista Carmen Cruzado e como man inocente actuou o pequeno Marco.

Aínda que estaba previsto que o sorteo se celebrase no parque de San Francisco na carpa instalada pola FCAM, o vento que se deixou sentir durante todo o día en Ribadeo obrigou a trasladar este acto ao Cine Teatro.

O seguinte sorteo desta importante campaña da FCAM terá lugar en Foz será o 20 de outubro e en Lourenzá será o 27 deste mes. Os sorteos continuarán en Xove o 3 de novembro e rematarán o 10 de novembro en O Vicedo.