
Kalpa Amodiño recibiu o diploma acreditativo da organización do Ribadeo Sabe, como a tapa gañadora do xurado profesional. Ata este local hostaleiro do casco vello ribadense se achegaron representantes do Concello e de Acisa para felicitar á cociñeira, que recibirá como premio un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo.
O Ribadeo Sabe arrincou onte en 22 locais hostaleiros de Ribadeo. O público tamén elixirá ao seu gañador que levará como premio unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
E haberá premios para o público que participe nas votacións do Ribadeo Sabe. Serán tres categorías dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo e visita guiada cada unha a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo.
A organización do Ribadeo Sabe, Concello e Acisa, animan “a saborear ata o domingo as exquisitas tapas que poderán atopar nos 22 locais participantes neste renovado concurso gastronómico”.















