Mª RAMONA MURIAS E Mª DEL CARMEN VÁZQUEZ SON AS GAÑADORAS DA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI, QUE ORGANIZOU ACISA RIBADEO.

Mª Ramona Murias e Mª del Carmen Vázquez son as gañadoras da campaña do día da nai, organizada por Acisa Ribadeo. Cada unha delas recibiu un vale de 100 euros para canxear por unha xoia en Azabache ou Gutié, dúas xoierías asociadas.

As afortunadas realizaron sendas compras en Siñeiro Hogar e levaron as papeletas cos número 3.301 e 3.303, que foron os números anterior e posterior ao premiado no sorteo extra da Once do día da nai, celebrado o pasado domingo.

Desde Acisa Ribadeo felicitan ás gañadores a agradecen a participación ao comercio ribadense na campaña do día da nai.

Días azuis.

Por outra banda, Acisa adhírese á campaña dos Días azuis do comercio galego. A campaña desenvolverase entre o 13 e o 26 de maio. En total sortéanse 28 tarxetas de 300 euros e 52 de 150 euros. Os que desexen participar o único que teñen que facer é rexistrar a súa compra na web www.diasazuis.com e conservar o tícket ata o día do sorteo.

A Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos de Ribadeo considera que “se trata dunha boa oportunidade para seguir dinamizando o comercio local”.