Mapas turísticos

578
Mapas turísticos

ACISA RIBADEO EDITOU 25.000 MAPAS TURÍSTICOS, DOS QUE 0 75% XA FORON DISTRIBUÍDOS ENTRE OS HOTEIS ASOCIADOS. INCLÚEN UNHA RUTA CON LUGARES SINGULARES DO CONCELLO

Acisa Ribadeo editou 25.000 mapas turísticos, dos que o 75% xa foron distribuídos entre os hoteis asociados. Co lema Paseando por Ribadeo estes folletos realizan unha ruta polos lugares máis emblemáticos do concello. Ademais inclúen un listado con todos os establecementos socios da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “dentro das actividades que Acisa leva a cabo no marco do convenio asinado co Concello de Ribadeo está a promoción da vila e dos establecementos asociados mediante a publicación de diferentes materiais. En Semana Santa editamos un rueiro detallando os seus comercios, e nesta ocasión trátase dun plano turístico, que inclúe unha ruta con lugares singulares de Ribadeo para visitar, e onde tamén figura un listado de todos os establecementos asociados”.

Iriarte contou que “editamos 25.000 unidades destes mapas dos que o 75% xa se repartiron entre os hoteis asociados para que os teñan a disposición dos seus hóspedes durante o verán, e xa nesta nova edición de Ribadeo Indiano. O resto dos mapas estarán a disposición dos establecementos para cando terminen os distribuídos inicialmente”.

E engade que “nestes mapas a ruta turística recomendada parte da oficina de turismo, percorre diferentes enclaves de interese como A Atalaia, o Concello, a Torre dos Moreno, as principais igrexas, as casas de indianos, o miradoiro do Cargadoiro e remata no porto. Tamén sitúa lugares como Rinlo, A Devesa e a praia das Catedrais”.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, considera que “estes mapas que chamamos Paseando por Ribadeo, cremos que son un bo material para os hoteis nos que informamos aos turistas do que se pode ver, das rúas de Ribadeo e dos establecementos onde se pode mercar, tomar unha consumición ou comer”.

Francisco Iriarte insiste en que “é moi importante mercar no pequeno comercio e o noso traballo non é só concienciar aos ribadenses senón tamén ás persoas que nos visitan ao longo de todo o ano”.

Acisa Ribadeo repartiu a pasada semana nos locais de hostalería os vasos de plástico para o V Ribadeo Indiano. Ademais distribuíu nos establecementos asociados a decoración para o evento, e segue a traballar intensamente estes días para ultimar todos os preparativos desta festa que arrinca o vindeiro venres, 6 de xullo.

Francisco Iriarte presentou os novos mapas de Acisa acompañado polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

Mapas turísticos