Maribel Fariñas Gerpe e Antonio Pérez Rosa son os gañadores dos premios de 150 e 200 euros do sorteo do Ribadeo FC e Acisa.

19

Maribel Fariñas Gerpe e Antonio Pérez Rosa, ambos de
Ribadeo, son os gañadores dos premios de 150 e 200 euros do sorteo do Ribadeo FC e
Acisa. Os agasallos foron entregados nas oficinas da asociación.

Os outros tres premios que ninguén reclamou foron novamente sorteados esta mañá.
Os novos agraciados son os números 921, o 410 e o 1052, que recibirán 50 euros en
vales de compra cada un.

Acisa e o Ribadeo FC uníronse hai unhas semanas para poñer en marcha esta nova
campaña. A cantidade total de premios que se sorteou foi de 800 euros en vales de
compra de Acisa Ribadeo, 500 euros aportados directamente por Acisa e 300 polo
Ribadeo FC, repartidos da seguinte forma: un premio presencial de 300 euros en vales
de compra, que foi sorteado hoxe no Pepe Barrera na última xornada de liga. E 500
euros en vales de compra, divididos en varios premios, que foron sorteados o pasado 20
de maio nas oficinas de Acisa a porta pechada e mediante un sistema de xeración de
números aleatorios.

Segundo establecen as bases os premios puideron ser reclamados ata o 26 de maio, e os
que quedaron desertos volvéronse sortear hoxe, día 27. As persoas afortunadas teñen
de prazo para reclamar os seus premios ata o 2 de xuño. De non aparecer algún dos
números agraciados considerarase definitivamente deserto.