Medio cento de persoas asistiron á xornada técnica sobre a xestión do estrés

93
Medio cento de persoas asistiron á xornada técnica sobre a xestión do estrés

MEDIO CENTO DE PERSOAS ASISTIRON Á XORNADA TÉCNICA SOBRE A XESTIÓN DO ESTRÉS

ACISA AGARDA QUE “FOSE DE UTILIDADE PARA TODOS OS ASISTENTES”

Medio cento de persoas asistiron na noite de onte á xornada técnica sobre a xestión do estrés, organizada por Acisa. Ao acto, celebrado no salón de actos da antiga Casa Sindical, asistiron asociados e asociadas así como público en xeral que durante dúas horas escoitaron atentamente á conferenciante.

Mª del Mar Arias Matilla, psicóloga e técnica de Prevención de Riscos Laborais da Mutua Universal, falou do estrés positivo “que é necesario” e do estrés negativo “que se non somos capaces de controlar pode ocasionarnos diferentes tipos de patoloxías. O estrés hai que saber xestionalo. Si o día a día é estresante a nosa mente estará esgotada e non renderemos ben no traballo”. Esas situación de estrés poden ocasionar cansancio, tensión muscular, problemas dixestivos, dermatite, caída de pelo, insomnio, ansiedade, depresión…

Medio cento de persoas asistiron á xornada técnica sobre a xestión do estrés

Arias Matilla referíuse ás consecuencias do estrés, ás diferenzas individuais na resistencia diante desta patoloxía, así como a algunhas estratexias para afrontar a autoxestión do estrés, habilidades mentais e de comportamento, pautas de autocoidado, etc… A psicóloga e técnica de Prevención de Riscos Laborais da Mutua Universal empregou un proxector para a súa intervención e mantivo un constante diálogo e intercambio de opinións cos asistentes a esta xornada técnica.

Algunhas das recomendacións nas que insistiu Mª del Mar Arias Matilla foron na necesidade de durmir entre 7 e 9 horas, facer exercicio físico, levar unha dieta saudable, ter tempo para ti…

A directiva de Acisa sinala que “foi unha charla moi interesante, que a todos e todas nos fixo pensar nos nosos comportamentos diarios. Agardamos que fose de utilidade para todos os asistentes”.

Medio cento de persoas asistiron á xornada técnica sobre a xestión do estrés