MERCA E GAÑA POLO NADAL

ACISA RIBADEO SÚMASE Á CAMPAÑA MERCA E GAÑA POLO NADAL NA QUE SE SORTEARÁN 10.000 EUROS EN PREMIOS.

ESTÁ ORGANIZADA POLA DEPUTACIÓN E POLA FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO E TERÁ LUGAR DO 6 DE DECEMBRO AO 6 DE XANEIRO.

Acisa Ribadeo súmase á campaña Merca e Gaña polo Nadal, unha iniciativa da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio de Lugo en colaboración coas asociacións de comerciantes e CCAs da provincia.

Merca e gaña polo Nadal

Esta campaña abrangue do 6 de decembro ao 6 de xaneiro de 2018, e nela participarán arredor de 80 comercios de Ribadeo. Entre os participantes sortearanse 10.000 euros en premios, distribuídos en 20 tarxetas de prepago de 300 euros e 20 tarxetas de 200 euros para gastar no pequeno comercio. Para participar o cliente ten que rexistrar a súa compra en www.nadalmercaegana.com ou coa colaboración dos comerciantes a través da plataforma www.nadalmercaegana.com/comercios onde poderán rexistrar a súa operación de compra dos seus clientes. En ambos casos o cliente deberá fotografar o tícket da compra para gardar como xustificante. O sorteo realizarase o día 12 de xaneiro de 2018.

O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, manifestou que “desde Acisa valoramos moi positivamente esta campaña xa que cremos que é unha forma máis de defender o pequeno comercio fronte ás compras on-line e das grandes superficies nesta época tan importante do ano como é o Nadal”.

Jesús Pérez | Merca e gaña polo Nadal

Jesús Pérez engadiu que “ao igual que a Xunta coa campaña dos días azuis e as axudas que conceden aos CCA, e o Concello co convenio trianual que ten con Acisa, valoramos esta iniciativa da Deputación de Lugo para co comercio e esperamos que poida ir a máis”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos declarou que “desde a asociación animamos a participar activamente tanto aos comercios como aos clientes dado que é unha moi boa forma de gañar uns euros extra grazas ás compras no pequeno comercio”.

Jesús Pérez subliñou que “este Nadal en Acisa Ribadeo non só imos dar un trato personalizado, unha mellor atención e mais garantías que nunha gran área comercial ou en internet, senón que damos a posibilidade de gañar moitos cartos. Sorteamos 5 décimos de lotería, 4.000 euros en premios cos rascas, 2.000 euros coa Festa do Comercio que teremos en xaneiro, 10.000 euros con esta campaña e ademais imos dar tíckets desconto para a pista de xeo, que estará instalada en Ribadeo a partires do 15 de decembro”.

Desde Acisa fan un balance positivo da acollida que está a ter o Rasca de Nadal, que se desenvolve desde o 1 ao 15 de decembro e nestes primeiros días desta campaña xa foron entregados varios premios aos clientes do comercio e da hostalaría de Ribadeo.

O xerente de Acisa anima a que “a aqueles empresarios que aínda non son socios o fagan, xa que estamos demostrando a grande cantidade de actividades que poñemos en marcha e a repercusión que teñen estas campañas para os establecementos asociados, polo que cremos que é bo momento para animar á xente a asociarse”.

Bases da campaña “Merca e gaña polo Nadal”

pdf Descargar as bases da campaña en formato PDF (562KB)