Merécelo papá é a nova campaña de ACISA Ribadeo para celebrar o día do pai. A asociación sorteará oito agasallos entre as persoas que fagan as súas compras ata o 19 de marzo nos locais asociados.

77

Merécelo papá é a nova campaña da Asociación de
Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo para celebrar o dia do pai
neste 2023, que contempla o sorteo de varios agasallos entre as persoas que fagan as
súas compras ata o 19 de marzo nos locais asociados.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “nesta campaña do día do pai
desde Acisa Ribadeo sortearemos 8 premios. Trátase de 2 experiencias de desconexión
para dúas persoas, doadas por Viaxes Eroski, de 1 Bono de 6 meses para BeOne Ribadeo
e 5 ceas para dúas persoas xentileza de A Horta de San Roque, La Quinta, Javier
Montero, El Rincón del Gordo e O Lar de Manolo”.

Cruzado Iglesias indica que “aquelas persoas que realicen as súas compras nos
establecementos asociados a Acisa Ribadeo dende o 10 o 19 de marzo poderán cubrir
algunha das 10.000 rifas editadas e repartidas para esta ocasión e así entrarán no sorteo
destes 8 agasallos”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que “nesta ocasión sorteamos estes 8 premios
mediante rifas que hai que cubrir cos datos persoais: nome, apelidos e número de
teléfono. Os comerciantes gardarán as rifas cubertas e seladas, que serán recollidas por
persoal de Acisa os días 21 e 22 para a realización do sorteo non presencial nas nosas
oficinas. Unha vez extraídas as papeletas gañadoras desde a asociación poñerémonos
en contacto telefónico coas afortunadas e cos afortunados”.

Pérez Prada aproveita para insistir “na necesidade de seguir apostando polo comercio
local para facer as compras destas datas e pola hostalería local para as celebracións
familiares”.

Carme Cruzado, a presidenta do colectivo empresarial ribadense engadiu: “dende Acisa
Ribadeo agradecemos a colaboración das empresas doantes dos premios BeOne, Viaxes
Eroski, A Horta de San Roque, La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo e O Lar de
Manolo, así como tamén á de Xunta de Galicia, que é a administración que financia
esta campaña do día do pai”.

Descontos no combustible
Desde a directiva de Acisa lembran que “ata o 31 de marzo segue a campaña que
puxemos en marcha a finais de xaneiro con Gasóleos Abelleira, que supón un desconto
de 0,10 euros/litro de combustible. Distribuíronse 50.000 tarxetas entre os negocios
asociados a Acisa para que estes as repartan entre a súa clientela por gastos ou
consumicións superiores aos 5 euros. Esta campaña será de aplicación unicamente na
estación de servizo que se atopa situada no polígono industrial. Este desconto non é
compatible con outras promocións de Gasóleos Abelleira”.

E engaden desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de
Ribadeo: “esta é a terceira edición desta campaña con Gasóleos Abelleira, ao que lle
agradecemos a súa disposición. É unha iniciativa que funciona e que ten moi boa
acollida”.

BASES SORTEO