Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio de ACISA Ribadeo

64

Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do
Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado a noite do sábado día 13 de xaneiro nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense.

-O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez
-O 2º premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez
-O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López
-O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo
-O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez
-E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la
Farmacia Álvarez Lebredo)

A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000
papeletas distribuídas desde o pasado 1 de decembro entre todas as persoas que
fixeron as súas compras en Ribadeo. Un programa informático foi o encargado de elixir
o número gañador. A persoa afortunada terá ata o 13 de marzo para poder reclamar o
seu premio na oficina de Acisa Ribadeo.

E a continuación sorteáronse os outros cinco premios. Foron as mans inocentes de
nenas e nenos asistentes á Festa do Comercio os encargados de extraer as papeletas
entre todas as que foron introducidas na furna instalada a carón das carpas ao longo da
tarde de hoxe. As afortunadas e afortunados disporán de tres meses, ata o 13 de abril,
para consumir os seus premios nos negocios asociados a Acisa Ribadeo.
Na entrega de premios participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; a concelleira de
Comercio, Marta Saiz; o CEO de BeOne (firma patrocinadora do evento), Roberto
Ramos; a presidenta e a vicepresidenta de Acisa, Carmen Cruzado e Virginia Eceiza; e o
xerente da asociación, Jesús Pérez.

Interviñeron antes do inicio do sorteo a presidenta da patronal ribadense e o rexedor.
A XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo foi conducida polo xornalista Félix Jorquera,
de RadioVoz e Crónica 3 A Mariña.