Nai só hai unha

303
Nai só hai unha

ACISA RIBADEO PON EN XOGO NA SÚA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 300 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NUN SÓ DÍA CO ASESORAMENTO DUN PERSOAL SHOPPER

TRÁTASE DA PRIMEIRA VEZ QUE SE LEVA ADIANTE UNHA ACCIÓN DESTE TIPO NA COMARCA

ACISA Ribadeo pon en xogo na súa campaña do Día da Nai 300 euros en vales de compra para gastar nun só día co asesoramento e acompañamento dun persoal shopper.

Trátase da primeira vez que se leva adiante unha acción deste tipo na comarca. Aquelas persoas que fagan as súas compras do 27 de abril ao 6 de maio no comercio asociado obterán as rifas para participar nesta campaña.

O boleto gañador será aquel cuxas catro últimas cifras coincidan co premio do sorteo extraordinario da ONCE do 6 de maio, día da nai.

A persoa gañadora deberá recoller o seu premio nos quince días seguintes á data de celebración do sorteo. Este agasallo caducará o 21 de maio. De non ser unha nai a gañadora directa, o gañador ou gañadora deberá designar á súa nai ou a outra que coñeza para regalarlle o premio.

A gañadora gozará dun sábado, no mes de maio, dunha sesión de beleza e dun día de compras guiada por un asesor de imaxe que a acompañará para gastar os 300 euros deste premio, e para ter a oportunidade de que un experto a asesore para facer un cambio de imaxe aínda que sexa por un día. ACISA Ribadeo encargarase de poñer en contacto á gañadora do premio co asesor persoal, e a data para gozar desta experiencia fixarase entre a gañadora e o persoal shopper coa mediación de ACISA.

Preferiblemente será nun sábado nunca máis tarde do mes de xuño. Para que a gañadora poida disfrutar do premio debe aceptar á súa entrega as condicións do concurso establecidas nas bases.

O agasallo incluirá ao menos un tratamento de beleza nun dos centros asociados, unha compra nunha xoiería e unha compra nunha tenda de roupa ou de complementos. Realizarase o pago cos vales de compra de ACISA Ribadeo e estará supervisado polo asesor de imaxe, que levará á gañadora aos establecementos asociados.

ACISA Ribadeo pretende con esta campaña “innovar, saíndonos dos tradicionais premios, de aí que pensaramos en contar co persoal shopper que acompañará á gañadora para facer un cambio de imaxe por un día. A asociación planificou esta campaña con especial cariño pensando nas persoas ás que vai dirixida, ás nais, ás que tamén temos que mimar de xeito especial”.

O xerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez, subliña que “se trata da primeira vez que se pon en marcha unha acción deste tipo na Mariña. Pretendemos que sexa algo novidoso e orixinal nesta zona e queremos incentivar as compras no noso comercio, nos nosos locais asociados, xa que os últimos meses foron complicados para o sector. Desexamos que as vendas aumenten estes días e que esta campaña teña unha boa acollida entre a clientela do comercio ribadense”.

As bases da campaña, que foi presentada hoxe polo presidente en funcións, David Martínez, atópanse colgadas en todas as redes sociais de ACISA Ribadeo e tamén na súa páxina web para que calquera persoa poida consultalas.

Bases da campaña:

pdf Descargar as bases da campaña “Nai só hai unha” en formato PDF (128KB)