
Namórate do Comercio de Ribadeo é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o Día de San Valentín neste 2022. Acisa Ribadeo sortea 3 experiencias que constan cada una de elas de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais.
Tal e como explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “os establecementos terán a
disposición dos seus clientes as rifas do sorteo para entregárllelas por cada compra
realizada. As rifas están debidamente numeradas do 0 ao 5.000. Para participar no
sorteo deberase realizar unha compra en calquera dos locais asociados a Acisa Ribadeo.
As compras non terán importe mínimo establecido, pero debemos dicir que cada
negocio so terá 50 rifas para entregar nestes días da campaña. Por cada compra
realizada o establecemento debera entregar unha ou varias rifas, dependerá do importe
da compra, establecerase mediante criterio de cada comerciante. As rifas deberán estar
debidamente selada por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou
traseira.As rifas poderanse atopar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo do 5
ao 13 de febreiro de 2022”.
E engade: nesta ocasión sorteamos 3 caixas regalo, que constan cada una de elas de 1
noite mais almorzo para dúas persoas a escoller entre 2.800 estancias. O sorteo non
será presencial. Realizarase a porta pechada nas oficinas de Acisa Ribadeo ás 12:00
horas do luns, 14 de febreiro, mediante un sistema de xeración de números aleatorios,
de xeito individual cada un deles. O momento do sorteo será emitido a través do
facebook da asociación. Tras o sorteo Acisa dará a debida publicade mediante un
comunicado, en redes sociais, na nosa web, prensa escrita, prensa dixital e radios”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, indica que “os gañadores dos premios coas rifas
agraciadas no sorteo terán ata o dia 21 de febreiro para presentarse nas oficinas de
Acisa a recoller o premio, de non facelo perderá o dereito sobre el e considerarase
premio deserto. De quedar algún premio deserto o dia 22 de febreiro farase un segundo
sorteo coa mesma mecánica e haberá un segundo prazo de recollida ata o 28 de febreiro”.
As oficinas de Acisa Ribadeo permanecerán abertas os días laborables de 09:30 a 14:30
horas. Están situadas na Rúa San Roque 57 – Baixo. Calquera aspecto destas bases,
poderanse ver afectadas co fin de adaptarse a posibles restricións, cambios normativos
ou afeccións derivados da Covid-19.