ACTUALIDAD

Acisa Ribadeo reparte papel de regalo gratuito entre o comercio asociado

A Asociación de Comerciante, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ven de repartir nestes días mais de 400 bobinas de papel de regalo nos establecementos comerciais asociados.

Acisa Ribadeo comezou a súa campaña de Nadal na que investirá 30.000 euros

Acisa Ribadeo comezou a súa campaña de Nadal na que investirá 30.000 euros. O acendido da árbore da praciña de San Roque tivo lugar na tarde de onte. Conta con mais de 1.000 metros de luces leds de diversos colores, 10 metros de altura e 5 de diámetro ademais dun panel frontal cos logotipos dos establecementos asociados a modo de publicidade dos mais de 160 negocios pertencentes á patronal ribadense.

Acisa Ribadeo reparte novamente 15.000 rueiros entre os seus hoteis asociados e convoca unha nova edición do seu concurso de decoración do Nadal

Neste Nadal Acisa Ribadeo reparte novamente 15.000 rueiros entre os seus hoteis asociados para dar información aos visitantes durante estas datas festivas.

Acisa reparte 15.000 bolsas entre o comercio asociado para a campaña de Nadal

Acisa reparte 15.000 bolsas entre os seus comercios asociados para a campaña de Nadal. Son biodegradables e dun único tamaño. As bolsas foron presentadas polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, que estiveron acompañados polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e por Manoli Torviso e Mª Antonia López, tesoureira e secretaria respectivamente do colectivo empresarial.

IX Festa do Comercio | Campaña de Nadal

Mañá, 1 de decembro, arrinca a Campaña de Nadal de Acisa, que culminará o 11 de xaneiro coa Festa do Comercio na que se sortearán 4.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os clientes do comercio e da hostalería poderán facerse cos rifas do 1 de decembro ata o 11 de xaneiro.

Corenta comercios asociados a ACISA Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday

Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday que o colectivo empresarial celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro.