Nova asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro 19 de abril

58

ACISA VEN DE CONVOCAR NOVA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA PARA O 19 DE ABRIL CUN ÚNICO PUNTO NA ORDE DO DÍA: ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA E PROCLAMACIÓN

Acisa convoca nova asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro 19 de abril ás 20:30 horas cun único punto na orde do día. Trátase da elección da nova xunta directiva e proclamación.

Despois de celebrarse asemblea de socios e ao transcorrer o prazo de presentación de candidaturas e non terse presentado ninguén para ocupar a directiva de Acisa, a proposta do presidente en funcións, David Martínez, e ratificado na asemblea de onte, en virtude do establecido no artigo 20 dos estatutos da asociación convócase 2ª asemblea xeral extraordinaria para proceder á elección da nova xunta directiva. Será o 19 de abril ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical.

O proceso electoral ábrese o vindeiro luns, 26 de marzo. E o 12 de abril ás 19:00 horas deberán estar inscritas as candidaturas participantes neste proceso. Si só se presenta unha quedará proclamada automaticamente ese día. E si acoden a esta cita dúas ou máis, estas disporán ata o 19 de abril para facerse cos apoios necesarios. Esa xornada celebraríase a votación, o posterior reconto e a proclamación da nova xunta directiva de Acisa.

Si a 12 de abril non hai presentada ningunha candidatura emprázase aos socios e socias de Acisa a asistir á asemblea extraordinaria do día 19 dese mesmo mes. Ata esa data enténdese prorrogado o período en funcións da actual xunta directiva, autorizada pola asemblea de socios para tomar as decisións oportunas durante este tempo para o correcto funcionamento da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Charla, mañá

Desde Acisa lembran que mañá, 21 de marzo, terá lugar unha xornada informativa para empresas, comercio e emprendedores sobre as axudas da Consellería de Economía e Industria e do Igape. Será ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical. No acto intervirán o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández; e a responsable do Igape, Cristina Sanz. Na charla haberá unha quenda de preguntas para os asistentes.

Xornada informativa sobre axudas da Consellería de Economía e Industria do IGAPE

Premios día do pai

E xa pasaron polas instalacións de Acisa para recoller os seus agasallos os gañadores do VIII Concurso Fotográfico do Día do Pai.

A foto que recibiu máis votos a través do Facebook de Acisa Ribadeo foi a titulada Desafiando al destino, de Manuel Solís, que recibiu 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

Manuel Solís, que recibiu 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados

O primeiro premio do xurado, dotado con 150 euros en vales de compra foi para Érase unha vez, de Lucía Arias.

150 euros en vales de compra para Érase unha vez, de Lucía Arias

O segundo premio, que recibiu 100 euros en vales de compra, foi para Un orgullo ser tu reflejo, de Cristina Losas.

100 euros en vales de compra para Un orgullo ser tu reflejo, de Cristina Losas

O terceiro premio, dotado con 50 euros en vales de compra, foi para Xogos no Cargadoiro, de Lucía González.

50 euros en vales de compra para Xogos no Cargadoiro, de Lucía González

Tod@s @s premiad@s xa teñen os seus vales para consumir nos establecementos asociados ao longo dos vindeiros días.