Novo convenio de colaboración entre Vitaldent e Acisa Ribadeo, que ofrece aos asociados e asociadas do colectivo empresarial condicións vantaxosas para o coidado da saúde bucodental.

80

A firma Vitaldent e a Asociación de Comerciantes,
Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo acaban de firmar un novo convenio de
colaboración que ofrece condicións vantaxosas aos socios e socias do colectivo
empresarial así como aos empregados e familiares para o coidado da súa saúde
bucodental.

Segundo indica o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, “vimos de renovar o convenio
de colaboración coa empresa asociada Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013), que
ofrece aos asociados e asociadas do noso colectivo empresarial condicións vantaxosas
para o coidado da saúde bucodental. O novo convenio, vixente ata o 31 de decembro de
2024, ofrece unha primeira consulta gratuíta, incluída ortopantomografía de diagnóstico
a todas as persoas pertencentes o colectivo empresarial e aos seus familiares directos,
un desconto dun 15% en todos os tratamentos de implantoloxía e ortodoncia realizados
nesta clínica, así como o asesoramento necesario para poder obter o financiamento ata
doce meses sen intereses e ata un prazo de 5 anos”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “parécenos moi importante remarcar
se poderán beneficiar deste acordo todas as persoas pertencentes a Acisa Ribadeo,
empresarios e empregados, así como os seus familiares directos, que ademais poderán
darse de alta gratuitamente en Mi Vitaldet acudindo á clínica e desfrutar das
prestacións gratuítas asociadas o programa. Todas estas vantaxes están suxeitas ás
condicións detalladas no convenio firmado no dia de hoxe, que se pode consultar con
maior detalle na clínica ou na nosa web www.acisaribadeo.es Estas ofertas solo poden
ser aplicadas na clínica Vitaldent Ribadeo. Indicar tamén que para beneficiarse destas
vantaxes o paciente terá que mostrar un certificado emitido por Acisa que o acredite
como empregado dun local asociado ou familiar dun empregado”.

Pérez Prada engadiu: “desde Acisa Ribadeo seguimos traballando en acordos que
redunden no beneficio das nosas asociadas e asociados, mediante condicións
vantaxosas, aforrándolles custes, como neste caso, na saúde bucodental. Sen dubida,
esta é unha forma mais de dicirlle ás empresas ribadenses, que ser membro de Acisa
ten moitas vantaxes coma esta”.

Para Carmen Cruzado “nos tempos que nos toca vivir formar parte dun colectivo como
Acisa, que cumpre 35 anos, é moi importante. A unión fai a forza para conseguir máis
convenios e acordos con empresas privadas, para lograr axudas das institucións públicas
e así poder organizar campañas que sexan positivas para os sectores aos que
representamos, o que redundará na dinamización da economía local”.

Asinaron o convenio a directora de Vitaldent Ribadeo, Carmen Basante Martelo, e a
presidenta de Acisa, Carmen Cruzado Iglesias.