Novo convenio de colaboración entre Vitaldent e ACISA Ribadeo, que ofrece aos asociados e asociadas do colectivo empresarial condicións vantaxosas para o coidado da saúde bucodental.

87

A firma Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013) e a
Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo acaban de
firmar un novo convenio de colaboración que ofrece condicións vantaxosas aos socios e
socias do colectivo empresarial así como aos empregados e familiares para o coidado da
súa saúde bucodental.

Vitaldent pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan aforrar no coidado da
súa saúde. O novo convenio vixente ata o 31 de decembro de 2024, inclúe unha
primeira oferta gratuíta, incluída ortopantomografia de diagnostico, a todas as persoas
pertencentes ao colectivo empresarial e aos seus familiares directos. Tamén ofrece un
desconto dun 15% en todos os tratamentos de implantoloxía e ortodoncia realizados
nesta clínica, así como o asesoramento necesario para poder obter o financiamento ata
doce meses sen intereses e ata un prazo de 5 anos.

Poderanse beneficiar deste acordo todas as persoas pertencentes a Acisa Ribadeo,
empresarios e empregados, así como os seus familiares directos. Ademais inclúe a
odontopiatría preventiva totalmente gratuíta para familiares directos, que consiste en
técnicas de cepillado, topificacións de fluor, seladores de dentes temporais así como
extraccións de dentes.

Todas estas vantaxes están suxeitas ás condicións detalladas no convenio firmado no
dia de hoxe, e solo poden ser aplicadas na clínica Vitaldent Ribadeo. Para beneficiarse
destas vantaxes o paciente terá que mostrar un certificado emitido por Acisa que o
acredite como empregado dun local asociado ou familiar dun empregado.
Vitaldent conta con 21 clínicas en toda Galicia das que 3 están na provincia de Lugo e
unha delas en Ribadeo.

Desde Acisa sinalan: “é importante destacar estas colaboracións, convenios ou servizos
que podemos ofrecer grazas ás empresas socias, xa que son dobremente importantes,
conseguimos mellorar ou ampliar os servizos que lles ofrecemos ás nosas asociadas
e asociados e tamén aos seus empregados e familiares”.