O carteiro real visitará Ribadeo o 29 de decembro. ACISA anima á veciñanza e visitantes a facer as súas compras de Nadal no comercio local.

43

O carteiro real visitará Ribadeo o vindeiro 29 de
decembro. Farao da man da Comisión da Cabalgata de Reis e de Acisa. O colectivo
empresarial anima a veciñanza e visitantes a facer as súas compras de Nadal no
comercio local.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “xa estamos de cheo no Nadal, e
polo tanto é un bo momento para anunciar algunhas novidades que tiñamos gardadas
para estas datas como é a visita do Carteiro Real a Ribadeo o vindeiro 29 de decembro e
un concurso fotográfico nas redes sociais, que poñemos en marcha mañá mesmo, e
aproveitamos para lembrar todo o que Ribadeo ofrece nestas datas, nas que animamos
a facer as compras no comercio local e a gozar da hostalería da nosa vila”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “o Carteiro Real estará esperando aos
pequenos e pequenas no Photocall de Acisa Ribadeo instalado na rúa Rodriguez Murias,
de 17:00 a 20:00 horas, e en caso de chuvia trasladarase ao Cine Teatro. Esta actividade
está organizada xunto coa Comisión da Cabalgata de Reis, como agradecemento á
colaboración dos comerciantes e hostaleiros de Ribadeo con este tradicional evento, así
como coa colaboración do Concello, ao que lle agradecemos o seu apoio”.

Cruzado Iglesias anunciou que “como é sabido Acisa instalou un Photocall na rúa
Rodriguez Murais, cunha preciosa postal de Nadal e cunhas letras corpóreas, que se
converteu estes días nun punto de referencia moi especial, visitado e fotografado por
veciños e visitantes. E a nos dende Acisa gustaríanos que a xente se anime a compartir
esas fotos de festa e alegría nas redes sociais e por iso a partir de este sábado, día 23
poñemos en marcha un concurso en redes. Participar e moi sinxelo: so hai que facerse
unha foto no noso Photocall, subila ao teu perfil de Instagram ou Facebook, entre o dia
23 de decembro e o 7 de xaneiro, mencionar a @acisaribadeo, e usar o hastag
#NavidadRibadeo. Entre as persoas que cumpran os tres requisitos o día 9 de xaneiro
sortearemos un par de regalos sorpresa de Acisa. Ademais, si nos mandan a súa foto ao
noso WhatsApp 663 39 62 26 subirémola ás nosas redes para que todo el mundo a
vexa”.

E engadiu: “e queremos recordar tamén que mañá, 23 de decembro, terá lugar un
obradoiro de adornos de Nadal na academia de inglés Kids&Us. Unha actividade que
dende Acisa Ribadeo facemos en colaboración con eles, para que os pícaros e picaras
poidan estar entretidos mentres os mais maiores fan esas compras de ultima hora
previas ao Nadal”.

Pérez Prada aproveitou para lembrar que “nos nosos comercios e na nosa hostalaría
aínda se poden pedir as rifas para a XIII Festa do Comercio, e tamén os descontos para a
pista de xeo de Ribadeo. Queremos recordar que nesta Festa do Comercio sorteamos
6.000 euros, e que por compras e consumicións en Ribadeo poderás obter un vale
desconto de 2 euros na pista de xeo de Ribadeo. Polo que non hai escusa para non facer
as compras na nosa vila. Ademais estamos moi satisfeitos de como está a funcionar a
campaña de Nadal. Os indicadores que temos ata o de agora están sendo moi vos, por
exemplo, tivemos que facer 10.000 vales de desconto mais, que se engaden aos
primeiros 20.000 repartidos para a pista de xeo porque xa se esgotaran, e estamos a
piques de rematar as rifas da Festa do Comercio, que en moitos negocios xa nos pediron
que lles repuxeramos mais”.

A presidenta de Acisa engadiu: “polo tanto animamos a todas a veciñanza a seguir
comprando e consumindo en Ribadeo, a seguir pedindo os vales de desconto para a
pista de xeo e as rifas para a Festa do Comercio antes de que se esgoten e por suposto
neste caso a gardalas ata a celebración do sorteo o vindeiro 13 de xaneiro”.