O Concello e A.C.I.S.A. promocionan a Vila e a Festa Indiana no I Foro de Municipios Indianos que hoxe e mañá ten lugar en Lloret de Mar

178
O Concello e ACISA promocionan a Vila e a Festa Indiana no I Foro de Municipios Indianos que hoxe e mañá ten lugar en Lloret de Mar

O CONCELLO E ACISA PROMOCIONAN A VILA E A FESTA INDIANA NO I FORO DE MUNICIPIOS INDIANOS QUE HOXE E MAÑÁ TEN LUGAR EN LLORET DE MAR

Unha delegación do Concello de Ribadeo e de Acisa está a participar no I Foro Internacional de Municipios Indianos, que durante hoxe e mañá se celebra en Lloret de Mar. A representación ribadense está integrada pola concelleira de Turismo, Ana Martínez, o vicepresidente de Acisa, Juan Antonio Fernández Andina, o xerente desta asociación, Jesús Pérez, e a técnico local de Turismo, Begoña García. Neste foro estanse a aglutinar iniciativas dos municipios participantes e fálase do impacto cultural, económico e social que toda a pegada indiana pode xerar. O obxectivo deste encontro é a consecución dun itinerario cultural europeo de municipios indianos. A delegación ribadense, que intervirá cunha ponencia na xornada de mañá, está a aproveitar esta viaxe para promocionar turisticamente Ribadeo, ademais da súa festa indiana.

A concelleira de Turismo, Ana Martínez, declarou que “a delegación ribadense, formada por Concello e Acisa, estamos a participar no I Foro Internacional de Municipios con Patrimonio Indiano que se está celebrando en Lloret de Mar durante estes días. Neste foro o que se pretende é aglutinar iniciativas e o traballo de todos estes axentes que están implicados e interesados na temática das migracións europeas, e o impacto cultural, económico e social que estas actividades poden xerar sobre os territorios emisores”.

A edil ribadense salientou que “o obxectivo é articular unha rede institucional que, de xeito coordinado, traballe para impulsar e promocionar este patrimonio cultural e a súa memoria histórica. Buscando tamén unha oportunidade de traballo transnacional e a captación de proxectos europeos, isto é importante porque poderíamos entrar en diversos programas culturais de desenvolvemento socioeconómico, entre outros. A rede de municipios indianos, que xa está constituída dunha maneira efectiva en Cataluña, pretende a longo prazo aumentar os socios e xerar un proxecto de cooperación para acadar a mención de itinerario cultural do Consello de Europa. Aquí quero lembrar que o primeiro itinerario cultural foi o Camiño de Santiago e que se lanzou, na cidade de Santiago de Compostela, hai trinta anos. Falábamos agora, na primeira ponencia, que hai trinta anos se daba a credencial ao chegar a Compostela a 3.000 peregrinos e o ano pasado foron 300.000”.

Ana Martínez fixo fincapé “na importancia dos itinerarios culturais, que marcan dun xeito importante a afluencia que poden xerar, o interese a nivel internacional, a publicidade e a promoción dos diferentes itinerarios. Entendendo, desde logo, que o Camiño de Santiago é o máis importante neste sentido. Polo tanto, estamos traballando durante esta mañá desde o Concello e Acisa para intentar recabar toda esta información e poder participar na formación desta entidade que poida nun tempo próximo presentar unha candidatura para formar un itinerario cultural do Consello de Europa e poñer en valor ese patrimonio indiano que tamén temos en Ribadeo, e que redunde nun beneficio económico, turístico e cultural para o noso concello”.

Pola súa banda, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou “la importancia de estar haciendo de Ribadeo Indiano un referente, al menos europeo, con una presentación oficial que se va a hacer en una ponencia en el día de mañana. También ir estableciendo relaciones, por ejemplo con la Xarxa de Municipios Indianos de Cataluña, que ya tienen una red muy instaurada, y con otros municipios indianos de otras provincias y de otras autonomías, para en futuras ediciones de Ribadeo Indiano contar con ponencias y con la posibilidad de adaptar las iniciativas que se hacen en otros sitios a Ribadeo, y desde el punto de vista de Acisa, adaptarlo al comercio, a la hostelería y a los servicios, que también son muy importantes”.

O Concello e ACISA promocionan a Vila e a Festa Indiana no I Foro de Municipios Indianos que hoxe e mañá ten lugar en Lloret de Mar
O Concello e ACISA promocionan a Vila e a Festa Indiana no I Foro de Municipios Indianos que hoxe e mañá ten lugar en Lloret de Mar

Jesús Pérez relatou que “lo que se está presentado hoy lo está llevando el Consejo de Europa, es algo muy serio en lo que se está trabajando muy a fondo, y hoy nos ponían como ejemplo que el primer itinerario cultural que se llevó a cabo fue el del Camino de Santiago, e imaginar que, de aquí a unos años pueda haber una red de municipios indianos europea, la importancia que eso tendría a nivel turístico y económico para Ribadeo, como uno de los principales referentes de municipios indianos, al menos en Galicia, es algo sorprendente. Comentaba la concejala que en el Camino de Santiago se dieron 3.000 credenciales a peregrinos hace treinta años y que ahora fueron 300.000. Quizás en un futuro, si en esta última edición fueron 50.000 personas las que disfrutaron del Ribadeo Indiano, quien sabe lo que se puede conseguir dentro de unos años si todo este proyecto de ideas que se están exponiendo en este foro se llevaran adelante”.

O xerente de ACISA fixo fincapé en “la importancia de estar hoy aquí para nuestros asociados, no es sólo porque estamos promocionando Ribadeo Indiano y porque estamos aprendiendo ideas y diferentes cosas para llevar a cabo, sino también porque estamos haciendo publicidad de Ribadeo. Al final la delegación que viene aquí es el vicepresidente y el gerente de Acisa, y la concejala y la técnico de Turismo, que nos venimos con material turístico para poder potenciar Ribadeo y darlo a conocer a las diferentes delegaciones que participan en este I Foro Internacional de Municipios Indianos, y que son bastantes”.