O Ferrado Marelo recolleu o premio ao mellor comercio de Ribadeo. ACISA felicita a Patricia Pérez por este recoñecemento.

78

Acisa felicita ao Ferrado Marelo, que foi recoñecido
pola clientela como O mellor comercio da túa vila en Ribadeo, na campaña organizada
pola Federación de Comercio de Galicia co apoio da Deputación de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado de Promoción Económica e Social,
Pablo Rivera, foron os encargados da entrega do premio a Patricia Pérez, que recibiu os
votos na web do concurso por parte dos clientes que fixeron as súas compras en
Ribadeo dende o 14 de novembro o 7 de decembro. O acto tivo lugar na tarde de onte
no Pazo de San Marcos en Lugo.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo tamén
felicita ás clientas que foron premiadas nesta campaña: “queremos dar tamén a nosa
noraboa a Blanca Rañón, gañadora dunha tarxeta regalo de 300 euros, por unha compra
realizada en Bimba; e a María José Leal Travieso e Cristina González Fernández,
gañadoras de sendas tarxetas de 150 euros, por compras realizadas en O Ferrado
Marelo e Siñeiro Hogar. As tres, clientas do comercio ribadense, animáronse a concursar
nesta campaña”.