Onte rematou o curso de cata de viños, que organizou Acisa, e ao que asistiron empregados de 10 establecementos hostaleiros de Ribadeo

13

REMATOU EN RIBADEO O CURSO DE CATA DE VIÑOS, QUE ORGANIZOU ACISA. DESENVOLVEUSE DURANTE AS TARDES DE CATRO LUNS E CONTOU COA ASISTENCIA DE EMPREGADOS DE 10 ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS.

Onte rematou o curso de cata de viños, que organizou Acisa, e ao que asistiron empregados de 10 establecementos hostaleiros de Ribadeo.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “este curso fíxose co fin de aumentar a formación dos empresarios e traballadores do sector hostaleiro sobre os viños”. Desenvolveuse os luns 13, 20 e 27 de xaneiro e onte, 3 de febreiro, durante catro horas diarias polas tardes nas instalacións do restaurante Marinero, de Ribadeo.

Durante a celebración do curso abordáronse cuestións coma a enoloxía, as denominacións de orixe, variedades de uva, catas, servizos de viños, prezos e rendemento deste caldos e cartas de viños, entre outros aspectos.

Iriarte fixo un balance positivo: “pensamos que a formación é moi importante sempre, tanto na hostalería como no comercio. Desde Acisa xa se organizaron hai tempo cursos de empaquetado de agasallos, cursos de inglés e agora este de cata de viños. E neste sentido seguiremos a traballar nos vindeiros meses”.