Os 2.000€ en vales de compra da XI Festa do Comercio de ACISA fotos para Sofía Folgosa Pérez, que xa recolleu o seu premio. Así o fixeron tamén outros afortunados e afortunadas no sorteo, así coma os da campaña obxetivo 400 do Ribadeo FC.

439

Ás dúas e media desta tarde rematou o prazo para reclamar os premios da XI Festa do Comercio de Acisa Ribadeo que. Varios foron os afortunados e afortunadas que se achegaron polas oficinas da asociación para recoller os seus vales de compra ao longo dos últimos días.
O primeiro premio, dotado con 2.000 euros en vales para gastar nos establecementos
asociados, foi para Sofia Folgosa Perez, veciña de Ribadeo. A papeleta premiada co
número 199.626 foille entregada no Bar Queimada.


Os dous premios de 500 euros, en vales de compra, correspondéronlles a Marta Teresa
López Sanjurjo, de Ribadeo, e a Montse Prieto Salgado, de Ribadeo. As papeletas
premiada cos números 117.540 e 81.526 foron entregadas en Menfer e no Bar Galicia.
Un dos dous premios de 250 euros en vales de compra foi para Paula Santamarina
Cotarelo, de San Tirso de Abres. A papeleta premiada co numero 173.780 foille
entregada en Casa Fandín.


En xogo estaban tamén 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra, dos que
foron reclamados dous. Os afortunados foron José Manuel Fernández López, de A
Pontenova, e José Manuel Rey Barcia, de Burela. As papeletas premiadas cos números
138.331 e 81.790 fóronlles entregadas respectivamente en Morán e no Bar Galicia.
Os premios da XI Festa do Comercio de Acisa foron recollidos ao longo dos últimos días.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos subliñan que
“quedaron desertos algúns deles e tal e como figuraba nas bases desta campaña esas
cantidades serán destinadas a novos sorteos”.

Acisa felicita aos gañadores da XI Festa do Comercio, que dispoñen de dous meses para
gastar eses vales en calquera dos 160 establecementos asociados.
Durante estes dias tamén foron entregados os premios da campaña Obxectivo 400
impulsado por Acisa Ribadeo e o Ribadeo FC para axudar a ampliar os socios da
entidade deportiva. Recolleron os seus premios Ángel Expósito, José Luis Fernández,
Valentín García e Anxo Mourelle.