Os días 3 e 4 de xuño comezan os torneos de fútbol base da SD Ribadeo, que reunirán durante tres fins de semana a 117 equipos do Estado e algún de Portugal e a máis de 5.000 persoas.

36

Os días 3 e 4 de xuño comezan os Torneos de
Fútbol Base da SD Ribadeo, que reunirán durante tres fins de semana a 117
equipos procedentes de diferentes puntos do Estado e tamén de Portugal e a
máis de 5.000 persoas. No acto de presentación do evento interviron o
presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo,
Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; e o concelleiro de
Turismo, Pablo Vizoso.

O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, anunciou que “estamos en la
presentación de los torneos de la SD Ribadeo, que van a ser los tres primeros
fines de semana del mes de junio, empezando con el torneo de los infantiles,
siguiendo con el de benjamines y prebenjamines y acabando con el alevín y el
miniprebenjamín. Por parte de la SD queremos dar las gracias a las instituciones
colaboradoras que son el Concello de Ribadeo, la Xunta de Galicia, la
Diputación de Lugo, el Iberia de San Miguel y también a Acisa. Deseamos que
los torneos transcurran, como todos los años, con la mayor deportividad y que
todo el mundo lo pase bien. Muchas gracias a los padres y a la gente implicada
en la SD Ribadeo para poder llevar a cabo los torneos con todo el trabajo que
eso conlleva”.

O xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, quixo “dar a benvida a
esa cantidade de deportistas e clubs, con todos os membros dos corpos
técnicos, que van vir a Ribadeo e a toda a comarca durante tres fins de semana,
e moitas grazas a todos os colaboradores e organizadores. Á SD queremos
felicitala por darlle continuidade a este torneo que xa vemos, dado de onde
veñen os equipos, o referente que é non só a nivel provincial ou autonómico
senón nacional e incluso internacional. Queremos pedirlle a todos os
afeccionados e familiares que acompañan a eses deportistas que veñan a
Ribadeo a desfrutar non só do torneo de fútbol e dos seus fillos ou familiares
senón tamén da gastronomía, do patrimonio e da cultura, que é a forma de
dinamizar economicamente tanto Ribadeo como esta zona da Mariña”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, salientou que “son tres fins de semana
de torneos, que van xerar un importante movemento económico para Ribadeo
porque tanto hoteis como bares, restaurantes e tamén o comercio se van ver
beneficiados pola presenza de máis de cinco mil persoas ao longo destas tres
vindeiras fins de semana. En Acisa estamos encantados de poder colaborar coa
SD Ribadeo na organización destes torneos polo que implican. Agardamos que
todos os que veñan desfruten evidentemente do deporte, pero que tamén
aproveiten para gozar da súa estadía en Ribadeo. Esta vila ten moito que
ofrecer, ten moito que mostrar. Esperamos que lles guste, que desfruten e que
os que veñen agora de acompañantes despois volvan repetir experiencia”.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, manifestou que “son uns torneos das
categorías inferiores, infantil, benxamín, prebenxamín, alevín e
miniprebenxamín, que van encher Ribadeo de deporte e de afluencia durante
tres fins de semana do mes de xuño. Van reunir a en torno 117 equipos de
diferentes procedencias, evidentemente de Galicia, tamén de Asturias, de
Castela-León e de Cantabria. Ademais é un torneo internacional, xa que acolle a
varios equipos de Portugal. Temos unha previsión estimada de afluencia de
máis de cinco mil persoas que van encher a nosa vila de ilusión, de deporte e
dunha estancia marabillosa para todas estas persoas”.

O edil ribadense engadiu: “dende o Concello de Ribadeo é unha honra poder
colaborar neste tipo de torneos porque, en primeiro lugar, apostamos polo
deporte base, pola promoción de valores de traballo en equipo e esforzo, e
paralelamente tamén se promove a promoción económica, que sempre resulta
favorable para os establecementos de Ribadeo e a difusión turística da nosa vila
de forma estatal e internacional. Simplemente me queda dar un agradecemento
á organización, principalmente a SD Ribadeo, e ao resto de entidades
colaboradoras, ás persoas voluntarias particularmente, e tamén a Área de
Mocidade da Deputación de Lugo. Agardo que sexan tres fins de semana nos
que se mostren as mellores galas de Ribadeo, unha gran afluencia, e que
valoremos moi positivamente esta acción promovida pola SD Ribadeo”.

Ao acto de presentación tamén asistiron o técnico de Deportes, Iván López; a
deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica
Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD
Ribadeo, Rubén de Castro Donato.

O XIV Torneo de Fútbol Infantil, que se disputará os días 3 e 4 de xuño,
xogarase no estadio municipal Pepe Barrera en Ribadeo, no Campo das Valgas
en San Miguel de Reinante e no Campo Trénor en Barres (Castropol)