Os establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir dúas horas máis durante as fin de semana do verán e pontes festivas grazas a Acisa.

36

Os establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir
dúas horas máis durante as fins de semana do verán e pontes festivas grazas a Acisa
(Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos).

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, declarou:
“parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e
asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar máis horas durante
estas datas de gran afluencia turística onde as ceas, de amigos e de familia, son moitas e
as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Deste xeito tamén a veciñanza poderá
gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños
de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar das fines de
semana de verán na hostalería ribadense, que ten moito que ofrecer, tamén polas
noites, onde atopamos locais cun ambiente impecable, con persoal cualificado e trato
amable, e por iso animamos a todas e todos a gozar do verán na nosa hostalería, nos
seus locais e nas súas terrazas”.

Cruzado Iglesias agarda que “este sexa un grande verán para todo o sector empresarial
de Ribadeo, porque iso redundará de xeito moi positivo no noso municipio”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “os establecementos de hostalería
asociados a Acisa Ribadeo, contarán con dúas horas máis sobre a licenza habitual de
peche todas as madrugadas dos venres e sábados de xullo e agosto. Ademais súmanse
as madrugadas do 24 ao 25 de xullo con motivo da festividade do Apóstolo, as
madrugadas do 14 ao 18 de agosto con motivo das festas de San Roque, as madrugadas
do 1 ao 8 de setembro, datas nas que se celebrarán as festas patronais. Algo que sen
dúbida cremos favorecerá ao sector asociado para poder exprimir ao máximo estes días
de gran actividade económica”.

Pérez Prada engadiu: “no dia de hoxe comunicámoslles estas ampliacións das que
poderán gozar nas próximas semanas, que foron concedidas polo Concello. Deste xeito,
os locais hostaleiros gozarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario
habitual de licenza. As ampliacións segundo licenza son as seguintes: os bares e
cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e
salas de festas poden pasar das 06:00 ás 08:00 e os pubs das 04:00 ás 06:00 da
madrugada”.