Os locais hostaleiros asociados a ACISA Ribadeo desfrutarán dunha ampliación de 2 horas máis sobre o seu horario habitual nas datas festivas e de afluencia turística.

57

Os locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo desfrutarán dunha ampliación de 2 horas
mais sobre o seu horario habitual de licenza durante as madrugadas das principais datas
festivas e de afluencia turística ao longo deste 2023.

Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o
xerente, Jesús Pérez, explica que “nas últimas horas recibimos a resolución do Concello
de Ribadeo pola que os nosos asociados contarán con 2 horas mais de autorización para
poder traballar nas principais datas de festexos e de afluencia turística. Grazas a esta
autorización, tramitada por Acisa ante o Concello de Ribadeo, estamos a falar de que
nas datas indicadas, os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás
04:30 horas, as discotecas e salas de festas de 06:00 a 08:00; e os pubs das 04:00 ás
06:00 da madrugada”.

E engade que “un ano mais renovamos este permiso especial tan importante ao noso
entender, xa que grazas a el estamos a beneficiar aos nosos socios con dúas horas mais
para poder traballar”.

Pérez Prada subliña que “desta ampliación horaria pódense beneficiar unicamente os
asociados de Acisa Ribadeo, xa que somos nos os que nos encargamos dende a entidade
de xestionalo. A Policía Local conta co listado dos establecementos que se poden
beneficiar desta ampliación horaria, que son como digo os socios de Acisa, así como con
copia da autorización emitida”.

Sobre as datas desta ampliación indica que “os asociados de Acisa Ribadeo contan
cunha copia da autorización, xa que dende este fin de semana con motivo do Entroido,
van poder desfrutar delas”.

As ampliacións horarias son as seguintes:

-Febreiro de 2023: madrugada do día 17 ao 18, do 18 ao 19, do 24 ao 25 e do 25 ao 26.
-Abril de 2023: madrugada do día 31 de marzo ao 1 de abril, do 1 ao 2, do 2 ao 3, do 3
ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9, do 28 ao 29, do 29 ao 30 e do
30 de abril ao 1 de maio.
-Maio de 2023: madrugada do día 16 ao 17.
-Xuño de 2023: madrugada do día 23 ao 24, do 24 ao 25 e do 25 ao 26.
-Xullo de 2023: madrugada do día 24 ao 25 e tódalas madrugadas dos venres e sábados.
-Agosto de 2023: madrugada do día 14 ao 15, do 15 ao 16, do 16 ao 17 e tódalas
madrugadas dos venres e sábados.
-Setembro de 2023: madrugada do día 1 ao 2, do 2 ao 3, do 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6,
do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9 e do 9 ao 10.
-Outubro de 2023: madrugada do día 11 ao 12, do 12 ao 13, do 13 ao 14 e do 14 ao 15.
-Novembro de 2023: madrugada do día 31 de outubro ao 1 de novembro.
-Decembro de 2023: madrugada do día 1 ao 2 do 2 ao 3, do día 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5
ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8, do 8 ao 9, do 9 ao 10 e tódalas madrugadas dos días 22 ao 31
de decembro así como tódalas madrugadas dos venres e sábados.