A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo valora moi positivamente a súa participación na feira internacional de turismo Fitur, que se está celebrando en Madrid, e espera que teña moita repercusión no comercio e na hostalería ribadenses.
Acisa Ribadeo estará presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebrará en Madrid a vindeira semana. A patronal ribadense estará representada polo seu presidente e o seu xerente, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.
Cinco mulleres e un home foron os gañadores dos 6 premios que se sortearon na VIII Festa do Comercio de Acisa, que se celebrou o pasado sábado.
Acisa repartiu esta noite na VIII Festa do Comercio 5.000 euros en vales de compra, que as afortunadas e afortunados poderán gastar na hostalería e no comercio asociados ao longo dos dous vindeiros meses.
Todo está listo en Ribadeo para o sorteo de 5.000 euros en vales de compra na VIII Festa do Comercio que organiza Acisa e que se celebrará mañá, 12 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no parque de San Francisco, na carpa na que estivo instalada a pista de xeo natural XL este Nadal.
ACISA FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA INCIDENCIA QUE TIVO NO COMERCIO E NA HOSTALERÍA LOCAIS A PISTA DE XEO NATURAL XL INSTALADA ESTE NADAL NO PARQUE DE SAN FRANCISCO. Acisa Ribadeo fai un balance moi positivo da incidencia que...