Acisa presentou un novo vídeo promocional, dentro da campaña Ribadeo Seguro, no que salienta a calidade e seguridade dos establecementos asociados. A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende ademais axudar á promoción turística do concello no que resta de ano, apostando deste xeito pola desestacionalización.
Desde a directiva de Acisa sinalan que “aqueles que se acheguen a Ribadeo esta fin de semana poderán, entre outras cousas, aproveitar para facer as súas compras no noso comercio asociado. O 65% dos locais comunicáronnos que abrirán as súas portas o 15 de agosto, que é festivo nacional. Xa o domingo, como é habitual, estarán abertos o 100% dos locais. O 16 de agosto é o Día de San Roque, copatrono de Ribadeo, e ao coincidir en domingo esta celebración o festivo pasouse para o martes de Entroido. Entón, insistimos en que o vindeiro domingo todo funcionará con normalidade en Ribadeo”.
A app Ribadeo cerca de ti, posta en marcha por ACISA, rexistrou 400 usuarios nos tres primeiros días de funcionamento e máis de 20.000 persoas xa a coñecen. Estes sons os datos que manexa a asociación. ACISA fai un balance moi positivo deste arranque da aplicación.
Acisa Ribadeo hace un llamamiento a los empresarios de los locales de ocio nocturno para que cumplan con las directrices dictadas por las autoridades sanitarias y que recoge el DOG, que se hacía público esta misma tarde. El sector podrá abrir siguiendo una serie de normas relativas, sobre todo, a los aforos.
Acisa presentou a app Ribadeo Cerca de Ti. O acto tivo lugar hoxe na praza do Cantón dos Moreno. A aplicación xa se pode descargar en todos os dispositivos e entre os seus usuarios e usuarias sortearanse dúas tablets de última xeración. Esta actuación está financiada polo Concello de Ribadeo a través do convenio asinado, hai uns días, entre ambas entidades.
ACISA reparte entre los hoteles asociados un registro de visitantes que los turistas deben cumplimentar en las 24 horas siguientes a su llegada. Está editado en tres idiomas: inglés, gallego y español. Esta acción, que se enmarca en la campaña Ribadeo Seguro, cuenta con la financiación de la Xunta de Galicia.