ACISA presentou hoxe o seu novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederá aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir.
ACISA Ribadeo ven de facer un balance inicial da situación no comercio e na hostalería locais tras o decreto da Xunta do pasado domingo, que restrinxiu a mobilidade na comarca da Mariña. A asociación estima unhas perdas superiores aos 4 millóns de euros e chaman á responsabilidade da cidadanía, recordando que tanto os comercios coma a hostalería de Ribadeo asociados cumpren con todas as normas sanitarias e de seguridade.
A gañadora do concurso Polos nosos negocios, convocado por Acisa, recolleu hoxe o seu premio. Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, levou 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados. Fíxolle a entrega do seu agasallo o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte Quintana.
Acisa Ribadeo estrea nova sede, situada na rúa San Roque, 57-baixo. Este traslado enmárcase no proxecto de renovación da asociación iniciado hai unhas semanas co cambio da imaxe corporativa.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo pide responsabilidade fronte ao coronavirus aos veciños e veciñas e tamén ás persoas que nos visitan para evitar contaxios que poderían ocasionar un novo confinamento.
Acisa Ribadeo pon dende hoxe en marcha unha nova campaña de promoción de Ribadeo, como o mellor destino de compras e de ocio. Ademais a asociación estrea unha nova imaxe corporativa.