Onte rematou o curso de cata de viños, que organizou Acisa, e ao que asistiron empregados de 10 establecementos hostaleiros de Ribadeo.
Acisa ven de crear un novo premio ao mérito no asociacionismo. Neste 2020 vaino recibir a asociación local de loita contra o cancro. Será no transcurso da IX Gala que se celebrará o 21 de febreiro no hotel Voar.
Acisa organiza de novo a campaña o Mes do Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 1 ao 29 de febreiro. O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta iniciativa, que o pasado mes de novembro foi un éxito.
ACISA Ribadeo organiza unha charla informativa sobre transformación dixital, que se celebrará o 30 de xaneiro ás 9:30 horas nas instalacións do Hotel O Cabazo.
Acisa Ribadeo convoca aos seus socios á asemblea xeral ordinaria que se celebrará o 30 de xaneiro. Terá lugar no salón de actos da antiga casa sindical, na Avenida de Galicia 20-baixo, ás 20:30 horas.
Acisa repartiu esta noite na IX Festa do Comercio 4.000 euros en vales de compra, que as afortunadas poderán gastar na hostalería e no comercio asociados ao longo dos dous vindeiros meses.