La Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos promociona las compras en el comercio local los domingos por la mañana y el consumo en la hostelería local con la campaña Domingueo en Ribadeo.
Arrinca esta semana, o 7 de novembro o mes das tapas en Ribadeo. Trátase dunha nova iniciativa ideada por Acisa para o sector hostaleiro na que se dan cita 19 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites.
Mañá, 1 de novembro, da comezo o Mes do Aforro de Acisa Ribadeo. Trátase dunha campaña de fidelización con descontos no combustible grazas ao convenio firmado entre a Asociación de Comerciantes e o Grupo Valcarce.
Os locais hostaleiros asociados a Acisa poderán pechar unha hora máis tarde as madrugadas do 31 de outubro ao 3 de novembro, do 5 ao 8 de decembro e tamén do 23 ao 25 de decembro e do 30 al 31 de decembro, así como as madrugadas dos venres e dos sábados do último mes do ano. Pendente queda a notificación para a madrugada de fin de ano.
Acisa Ribadeo impulsará novas actividades para a hostalería e o comercio nos últimos meses do ano. O colectivo empresarial animará a visitar a vila durante as fins de semana e organizará dúas novas campañas en novembro.
Acisa Ribadeo organiza unha nova das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de outubro. Tamén o 25 máis de vinte comercios participarán na Noite Aberta. As tendas abrirán ata as 21:30 horas.