Acisa estará presente mañá, 8 de marzo, na manifestación que terá lugar en Ribadeo a partir das doce do mediodía, convocada polo Concello para celebrar o 8M, o Día Internacional das Mulleres
Acisa Ribadeo convoca o IX Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 400 euros en premios. As fotografías poderán subirse ao facebook da asociación ata o vindeiro día 19.
ABANCA e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (ACISA)reforzaron a súa colaboración a través dun novo convenio que permite facilitar o crédito a autónomos e pemes co obxectivo de impulsar a reactivación económica e comercial desta localidade lucense.
Todo está listo para a celebración da VIII Gala de Acisa, que terá lugar este venres, día 22, no Parador de Turismo de Ribadeo. Trátase dunha cita especial porque supón a conmemoración do 30 aniversario de creación da asociación e a entrega dos galardóns a toda unha carreira a catro coñecidos empresarios, que se xubilaron nos últimos meses
Acisa lamenta o pasamento do ex presidente da asociación, Pablo Vizoso Iglesias, que será soterrado esta tarde en San Pedro de Benquerencia.
Esta tarde tivo lugar nas instalacións de Acisa o sorteo das 19 ceas que a asociación puxo en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. Arredor de 5.000 papeletas foron introducidas na urna das que foron extraídas as gañadoras.