Acisa Ribadeo celebrará este ano, na súa Gala anual, dous importantes eventos: a conmemoración do 30 aniversario de creación da asociación e a entrega dos galardóns a toda unha carreira a catro coñecidos empresarios, que se xubilaron nos últimos meses.
O 15 de febreiro, este venres, terá lugar o sorteo das 19 ceas que Acisa por en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. As afortunadas e afortunados disfrutarán destes agasallos o día 16.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ultima os detalles da súa VIII Gala, que terá lugar o 22 de febreiro no Parador de Turismo de Ribadeo ás 21:30 horas. No evento renderase homenaxe a Carmen Valdés, Ramona Reigosa, José Luis Botana e Ramón Leivas. Este foi un dos asuntos abordados na Asemblea Xeral Ordinaria de Acisa celebrada onte.
Acisa Ribadeo desenvolverá a súa campaña de San Valentín entre os días 2 ao 14 de febreiro. Nesta edición sorteará 19 ceas para dúas persoas, xentileza doutros tantos restaurantes da localidade.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo valora moi positivamente a súa participación na feira internacional de turismo Fitur, que se está celebrando en Madrid, e espera que teña moita repercusión no comercio e na hostalería ribadenses.
Acisa Ribadeo estará presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebrará en Madrid a vindeira semana. A patronal ribadense estará representada polo seu presidente e o seu xerente, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.