Papá Noel visitará Ribadeo o vindeiro domingo, 23 de decembro. Estará pola mañá e pola tarde nas inmediacións do Teatro. Acisa anima ás nenas e nenos a achegarse a velo.
As instalacións de Acisa acolleron esta mañá a presentación do viño oficial do Ribadeo FC. Poñeranse á venda un total de 3.000 botellas de albariño, rioja e vermú, que se presentan en caixas de seis.
Do 21 de decembro ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%.
Acisa Ribadeo e Mariña Asesores asinaron nas últimas horas un convenio de colaboración que lles permitirá aos asociados e asociadas do colectivo empresarial contar con asesoramento de balde en cuestións xurídicas ou administrativas e tamén en redes sociais empresariais.
Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas 15.000 bolsas gratuitas para este Nadal. Por segunda vez este ano, a asociación de comerciantes presenta un novo modelo de bolsas.
Acisa Ribadeo convoca o concurso Queridos Reis Magos no que poderán participar todos os nenos e nenas con idades de 0 ata 12 anos.